Fin de semana de madrugón para os nosos trileiros para participar no Campionato Galego de Triatlón, Distancia Olímpica, sen Drafting, en Sanxenxo.
Sanxenxo substituíu a Riveira na organización do campionato galego na modalidade olímpica, coa novidade de non estar permitido ir a roda no sector de ciclismo.
Desde a praia de Silgar, coñecida pola estatua da Madama, obra do artista Alfonso Vilar Lamelas, dábase a saída ás 8:00 da mañá, aos 340 participantes, que tiñan que dar dúas voltas a un circuíto de 750 mtrs. Ao saír do auga os deportistas tiveron que facer unha transición de 16 peldaños e 750 mtrs para poder coller a bicicleta no paseo marítimo.
Onde arrincaba o sector de ciclismo pola estrada que une Sanxenxo coa Lanzada onde se facia o retorno, nunha glorieta perigosa que provocou diversas caidas.
O circuíto era duro e esixente con continuos toboganes que o faía moi espectacular e o mar como espectador, onde os bos rodadores gozaron do sector. A distancia a percorrer era de 40 km dividido en 2 voltas.
De novo no paseo marítimo de Sanxenxo, comezaba o sector de carreira a pé que constaba de 10 km, dividido en dúas voltas que levaba aos atletas ata Portonovo.
Os nosos trileiros que foron gozar sufrindo: Enrique Moran,Sergio Gonzalez, Manuel Salgueiro, Felipe Dominguez, Ramon Lago, Ivan Reguera,Gonzalo Simo,David Dominguez, Nacho Louriño e Víctor Mouriño.
Iván e Ramón, unha imaxen vale mais que mil palabras
Agradecer a Cristal os seus animos e fotografías.
Parabens!! a seguir gozando.