NOVAS DO CLUB

III Cross Colexio Monterrey

Hoxe domingo 14 de Abril disputouse en Vigo outra proba escolar do calendario Xóvenes Atletas, esta vez organizada polo Colexio Monterrey onde o bo tempo animou os cativos a participar, nun ciruito esixente polas subidas que presentaba. O club Atletismo Porriño levou a 7 participantes de diferentes categorías.   Na foto Xabier Pérez Sousa, Yago López Sousa, David Burgos,...

Zonal Escolar Benxamin-Alevín en pista en Pontevedra

Este sábado día 13 de abril, deuse cita o 3º zonal escolar Benxamin-Alevín en pista en Pontevedra, clasificatorio para o Provincial onde tivemos a participación de varios cativos do club onde cada un deles puido facer dúas probas. @s nos@s participantes na proba. Comezando pola categoría máis pequena (BenxamÍn) tivemos 3 participantes: Uxía Rodríguez Huertas fixo a distancia...

Carreira Popular de San Telmo 2013

Parte dxs atletas do club que participaron na carreira adulta. O pasado domingo 07 de abril disputouse en Tui a tradicional Carreira Popular de San Telmo que organizan os nosos compañeiros do Club Atletismo Tui-Thermalia. A carreira discurriu polas rúas vellas de Tui e polo paseo a carón do río Miño, completando preto de 7.000 m. Outro ano máis,...

XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade

O domingo 7 de abril, celebrouse a XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade, nunha mañá que a pesar do mal tempo contou coa participación de 13 atletas do Club Atletismo Porriño. A carreira comezou coa categoría benxamin feminino onde as nosas atletas Laura Alonso Gonzalez e Noa Burgos Argibay lograron a 3ª e 9ª praza respectivamente. Na categoría alevín...

MEDIA MARATÓN O CARBALLIÑO “FESTA DO PULPO”

  Santiago Lopez facendo os ultimos metros da probaFotografia: Ana Bugarin Hoxe naceu unha nova media maratón, cun circuíto mixto de asfalto e terra pola beira do rio Arenteiro, con un exixente desnivel. A carreira  disputouse a 3 voltas, que se fixeron mais duras debido as condicións climáticas de frío e choiva. O vencedor da proba foi  o noso...

Axuda a Jorge a Camiñar!

Jorge é o fillo dunha veciña porriñesa que no nacemento sufriu unha parálise cerebral que non lle permite ter autonomía propia. Existe un andador especial que lle permitiría ter a súa autonomía, puidendo poñerse en posición vertical e sentir así algo parecido a camiñar. O deporte, unha vez máis convérteuse nunha actividade solidaria. Os compañeiros do Basquet Coruña, xunto coa...

XXVI Trofeo Reconquista de Vigo

O pasado domingo 31 de marzo, nunha mañá onde alternou choiva e sol, disputouse nas pistas de atletismo de Balaídos o XXVI Trofeo Reconquista de Vigo. A representación do Club Atletismo Porriño foi para Iria Rodriguez Huertas, atleta da categoría cadete, categoría mínima para poder competir neste trofeo. Iria participou na proba dos 3000 metros...

Carreira Solidaria Gotas Por Níxer. CEIP Antonio Palacios de O Porriño.

  O CEIP Antonio Palacios de Torneiros, en O Porriño acheganos esta estupenda iniciativa que consiste na realización dunha carreira solidaria a favor dxs nenxs que non teñen acceso á auga potable. Día: venres 05 de abril. Lugar: Campo do Piñeiro - Torneiros (xunto ó C.C. Alba) Programa: 11:00 h.: Carreira de educación infantil. 4 anos e 5...

XXXIV Carreira de Pascua de Padrón

O pasado sábado día 30 de marzo, disputouse no Concello de Padrón a XXXIV Carreira de Pascua., unha clásica dentro do circuito de carreiras populares galegas. Desta vez, non logramos achegar moitos atletas á esta proba posto que se disputou nas datas de semana santa. Previamente á carreira popular absoluta, celebrouse a carreira cadete-xuvenil. Nela percorríanse 4.000 m. e contábamos...

36º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

O pasado domingo 24 de marzo, disputouse en San Miguel de Oia - Vigo a 36ª edición da tradicional Carreira de Campo a Través San Miguel de Oia. Acudíamos con participación en diversas categorías, conseguindo 3 podios. O primeiro podio do club foi para Xabier Pérez Sousa, que comenzou este ano a disputar probas e está facendo unhas magníficas carreiras....