Zonal Escolar Benxamin-Alevín en pista en Pontevedra
Este sábado día 13 de abril, deuse cita o 3º zonal escolar Benxamin-Alevín en pista en Pontevedra, clasificatorio para o Provincial onde tivemos a participación de varios cativos do club onde cada un deles puido facer dúas probas.
@s nos@s participantes na proba.
Comezando pola categoría máis pequena (BenxamÍn) tivemos 3 participantes:
Uxía Rodríguez Huertas fixo a distancia de 1000 ml onde rematou 1ª cun tempo de 4.13,47; tamén atreveuse co salto de Lonxitude (2,18 m.) conseguindo o posto 9º.
En homes Diego Rodríguez Rodríguez participou en 50 ml e en salto de lonxitude onde acadou a 2ª praza( 2,89 m.); Nicolas Mazoy García que debutaba por primeira vez en pista rematou 7º en 500 ml (1,54.98)
Na categoría alevín tamén tivemos 3 participantes:
Yago López Sousa na distancia de 500 ml conseguiu a 1ª posición cun tempo de 1.31,26, e a 2ª posición en salto (3,64 m.). Pablo Almeida Seoane tamén fixo a carreira de 500 ml acadando a 4ª posición e 60 ml ( 10,37) onde foi 5º da súa serie e 12º na clasificación xeral.
E xa en féminas Laura Mazoy García que tamén debutaba en pista, conseguiu a 8ª posición en 500 ml (1.50,47) e 10ª en salto (3,04)