52º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL DE VIGO 2013

 

O pasado domingo celebrouse na cidade olivica a 52 edición dunha das probas de atletismo mais arraigadas  o noso entorno, a tradicional carreira do pavo, a cal este ano sufría algunha modificación, entre as cales se atopaba o cambio no percorrido que viña sendo habitual, desta forma ca estrea dun circuito que a pesares de ver incrementada a dureza do seu perfil, a organización procuraba fomentar a participación popular na proba e establecer unha clara medida a prol da seguridade dos atletas o evitar as continuas dobraxes que antano se producían.

Como prologo a desputa da proba absoluta, tivo lugar a celebración das carreiras das categorías cadete e xuvenil, ambas cun percorrido de 3.485 metros que transcorria íntegramente polas inmediacions da praza Compostela, e nas cales o Atletismo Porriño tivo representación no podio, a través de Iria Rodriguez Huertas (1ª cadete femenino) e Iago Sobreira García( 3º xuvenil) noraboa os dous¡¡¡¡

Iria no peldaño mais alto
Fotografía: Roberto Alonso

Iago recollendo o trofeo de terceiro
Fotografía: Roberto Alonso

 

Desta forma  preto das horas centrais do día  e cunha climatoloxia favorable e un ambiente festivo propio das datas nas que nos atopamos, os máis de 700 atletas inscritos  tomaban a saida da proba absoluta para completar os 8.265 metros distrubuidos o longo dalgunhas das principais arterias viguesas, unha proba da que se proclamou vencedor Victor Riobó Villanueva da Sociedad Gimanstica, completando o podio os atletas Elías Dóminguez Cabral do New Balance Team e Akka Essadaui do Val Miñor, primeiro e terceiro respectivamente, compre resaltar a participación do noso compañeiro  Santiago López o cal tivo que retirarse por mor dun problema no xemelgo cando ía na cabeza da carreira, dexesamoslle unha pronta recuperación.

Tamén representaron o noso club Marcos Francés Gómez quen completou unha mágnifica actuación o acadar a 27ª posición da xeral cun tempo de 29:02, Roberto Alonso Vázquez 30:37, Pablo Jacobo Soto Alvarez32:40, Rubén Sio Fernandez 32:42, Miguel Angel Novoa Rodriguez 33:25 e Sandra Sobreira Otero 38:31.

Boas Festas a Tod@s!!!!!

Crónica: Roberto Alonso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *