As bicicletas non só son para o verán

Como ben sabedes xs que formades parte deste club, entendemos que ademáis da práctica do deporte, tratamos de incentivar outros alicientes.

Neste caso, facemos esta entrada para recomendarvos unha interesante proposta feita dende a Biblioteca Pública de O Porriño. David Pérez Rego, traballador da bibioteca decidiu facer unha interesantísima recopilación de libros relacionados co mundo da bici. Son obras que, ou ben tratan o tema da bicicleta tanxencialmente para abordar outras problemáticas ou ben tratan temas relacionados directamente coas superacións persoais e motivacións dx ciclista.

Recomendámosvos que visitedes o Pinterest de David e entredes na colección «Las bicicletas no sólo son para el verano» onde están tódolos tomos recopilados, así como no resto de coleccións, que tamén son interesantes.

Diarios de Bicicleta do autor David Byrne (membro fundador dos Talking Heads). Ed. Reservoir books.

 

Xs que se queiran pasar pola biblioteca, neste momento teñen agrupados tódolos libros da colección na sección «novidades» cunha pegata vermella coa icona dun ciclista.

Ánimádevos a visitar a biblio do noso pobo… É pública e gratuíta!….(polo momento).

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *