Archivos del Autor: manager

Campionato de España de Duatlon 2014

O pasado fin de semana tivo lugar na cidade asturiana de Avilés o Campionato de España de Duatlón. As probas disputáronse o sábado e o domingo. Ata alí desprazáronse tres Trileiros: Sergio Pérez, Isma Lago e Brais Misa.

O primeiro en debutar foi Sergio Pérez, que as 14:00 do sábado tomaba a saída na categoría cadete cun percorrido de 2500 metros 9,2km de sector ciclista e 1,25km de carreira final. A carreira de inicio foi moi rápida xa que estes rapaces compiten durante uns 30 minutos van ao máximo.

Sergio Pérez rematou nun moi bo 85 posto xa que tomaron a saída un total de 166 cadetes. Comentounos que se atopou bastante ben pero que na segunda transición á carreira perdeu ao redor de 20 postos que xa lle marcaron o resultado final. Sergio é moi novo e seguro que seguirá medrando.

Xa na última carreira da tarde, ás 17:30 tomaban a saída Isma Lago e Brais Misa ámbolos dous na distancia curta ou olímpica e no grupo de idade de 25-29 anos, franxa na que tamén competirán no vindeiro Campionato do Mundo en Pontevedra o día 1 de xuño.

 

Brais no máis alto do podio

Brais na primeira carreira de 10km, mantívose no grupo cabeceiro, mentras que Isma gardaba forzas segundos por detrás. Grazas a un moi bo segmento ciclista Isma logrou entrar no grupo cabeceiro onde marchaba o seu compañeiro. Todo quedou para a última carreira de 5km onde os atletas máis veloces serían os que copasen as prazas de podio.

Aquí foi onde Brais Misa impuxo un ritmo máis alto que os perseguidores e logrou impoñerse na meta na súa categoría logrando así o Campionato de España. Mentres que Isma loitaba pola cuarta posición ata os metros finais pero finalmente non a logrou manter e rematou nunha moi meritoria 5 praza.

Parabens!!! trileiros

Crónica: Brais Misa

38º CROSS ESCOLAR DE BEADE

Un ano máis o Club Atletismo Beade, organizou esta fin de semana o seu cross escolar.
Ainda que tivemos unha boa mañá de choiva, os nosos nenos deron a talla, non hai mais que vela foto.

Tivemos diversos postos e podios segundo as súas categorías.
Participaron Noa Burgos, Sabela Guisande, Laura Mazoy, David Burgos, Yago, Pablo Almeida, Carla Guisande, Nico Mazoy, Iván, Carla RAmírez, Laura Alonso, Nico Guisande, Denís Castro e Diego Hernández.

Crónica e foto: Marga Argibay. Crónica editada por Atletismo Porriño.

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESTRADA 2014

Chegaba a cita grande do duatlón galego, e con ela chegaba o fin do circuito galego de duatlón de estrada. Se ben, constanos que quedan probas durante este ano de duatlón, pero son todas de carácter popular, fora do circuito.

Sergio,Berto,Maria,Isma e Brais antes da proba

O noso club conseguía clasificar ata 4 “Trileros” na categoría masculina e 2 “Trileras” na categoría feminina. Nesta última, non participaba Sandra Sobreira, ainda que sí o facía María Martínez. Na masculina participaron Brais Misa, Ismael Lago, Alberto Domínguez e Sergio González quen participaba gracias a unha invitación da federación, o que supoñía o seu debut na especialidade, ainda que conta cunha brillante traxectoria no atletismo en 800 e 1500 mts. Non participaba Diego Salgueiriño, que sí estaba clasificado, pero tiña compromisos persoais que lle impidiron tomar parte na proba.

Antes da proba raiña, disputábase a proba popular, na que participaba o noso “trilero” máis veteran, José Manuel Caramés, rematando a proba no posto 64º, un posto máis que meritorio para este incombustible “trilero”.

Carames no sector da bici

Ás 17:58, dous minutos antes do establecido (isto si que é puntualidade) dábase saída á categoría feminina, na que se atopaba María Martínez, amosando a boa progresión que está a ter na carreira a pé. Chegando á T1, María saía preto da cabeza de carreira nun  grupo perseguidor, ainda que a falta de rodaxe en bicicleta fíxolle perder algunha posición que tivo que recuperar na carreira a pé, rematando cuarta clasificada na proba absoluta. No campionato Galego  remataría 3ª clasificada, posto que a segunda clasificada, non era galega e non optaba á clasificación.

Ás 18:30 dábase saída á categoría masculina. Chegando á T1, Brais Misa mantiña  boas opcións de podio; un pouquiño máis atrás Isma Lago e Sergio González, marchaban nun grupo intermedio e máis atrás Alberto Domínguez loitando por non perder a comba do seu grupo.

O sector de bici, bastante duro cunha rampa de 500 metros ó 10% ata o monte do Gozo, faría estragos en moitos participantes, afectando ós que tiñan pouca rodaxe ou ben ós que a subida non é o seu forte. As nosas esperanzas de podio, perdíanse no cambio electrónico da bicicleta de Brais Misa. Unha avaría obrigouno a retirarse da proba cando marchaba en postos de cabeza. Boas actuacións de Isma Lago, Alberto Domínguez e Sergio González, na súa primeira participación.

 

Noraboa Trileiros!!!! e a seguir disfrutando do sufrimento.

Fotografías: Asun e Doris

3º Cross Escolar do Colexio Monterrey en Vigo

O pasado domingo 23 de Marzo, o colexio Monterrey de Vigo, celebrou para as categorías menores a súa 3ª carreira, onde participaron por parte do noso club David Burgos Argibay ( 1º) Laura Mazoy (1ª) e Yago López (3º) conseguindo os tres subir ó podio nas categorías cadete e infantil.
Nas categorías inferiores » alevín, benxamín e prebenxamín» tivemos a participación de Laura Alonso ( 6ª), Nicolás Mazoy ( 4º), Álex Rodríguez (5º), Aarón Rodríguez ( 5º), conseguindo dous podios, os de Noa Burgos ( 2ª) e Xabier Pérez ( 2º).

Laura Mazoy no podio.
Crónica: Aurora Sousa.

II DUATLÓN ESCOLAR DE GONDOMAR 2014

 

Diego, Uxía e Noa 
Fotografía: Rubén Huertas

O sábado disputouse o primeiro clasifiactorio de duatlón escolar no Concello de Gondomar, proba deportiva para dar a coñecer o duatlón entre os maís cativos. Nesta modalidade combínanse a carreira a pé e a bici con variadas distancias segundo a idade dos participantes. Neste caso as idades comprenden os nados entre os anos 2005 ao 1998.

Ainda que tivemos varias ausencias de última hora por lesións e por coincidencia con outras modalidades deportivas, o noso club estivo ben representado en participación e resultados, conseguindo a clasificación para a final provincial que se vai a disputar o vindeiro 27 de abril en O Porriño.

Xesús, debutante na modalidade
Fotografía: Rubén Huertas

Crónica dun cambio necesario

Hoxe toca falar de cambios no Club. Estes días decidimos desconectar da aparataxe á nosa web para adaptala a novas estruturas e formatos. Tiñamos que acabar con ela para seguir medrando!.

Agora iremos de «rollo wordpress». Era algo necesario, posto que a web ten un formato un tanto antigo, ríxido, do que os propios usuarios e administradores levábamos tempo reclamando a súa transformación.

Nuns días, de seguro que notades cambios. Aínda que como a migración é un tanto complicada, iremos deixando unha estrutura de páxina máis clásica para ir pouco a pouco modificándoa e adaptándoa ós novos tempos.

Como somos unha familia chea de xente de distintos oficios que entre todxs configuramos un club social, neste caso tocou mover á loxística tecnolóxica do club.

Xesús Amieiro, un atleta do noso club, ilustrado nestes temas que traballa na empresa Quadralia, empresa adicada a solucións integrais no campo das tecnoloxías da información, quiso botarnos unha man con este tema. Trátase dun excelente profesional, co que hai un entendimento á perfección dende o inicio. Pillou moi ben o que queríamos e brindounos unha solución clara. Recomendadísimo!.

Que cada persoa vaia aportando o seu gran de area no club, implica seguir medrando como club e asociación. Pringando entre todxs, é a forma de tirar cara adiante con proxectos apetecibles que serían irrealizables cos medios dos que dispoñemos, así que estamos agradecidísimos a Xesús!.

En breve teredes novas!.

Para contactar con Quadralia eiquí.

Para seguir a Xesús Amieiro:

Twitter: http://twitter.com/JesusAmieiro
Facebook: http://www.facebook.com/JesusAmieiro
Blog: http://www.jesusamieiro.com

II Media Maratón de Carballiño 2014

 

Carballiño, terra de polbo e de troitas, celebrou este domingo a súa segunda edicción da media maratón.

O ano pasado o gañador da primeira edición foi o noso atleta Santiago Rodríguez López, que este ano non puido participar por lesión. Esperemos que pronto este de novo gozando do atletismo.

A carreira dispútase a tres voltas por un circuíto mixto de pedra, asfalto e terra, esixente segundo van pasando as voltas polos tres kilometros de suba do que se compón cada volta, pero esa pequena dureza a fai mais atractiva.

 

Isaías Burlido

 

O club estivo representado por varios clasícos como Isaías Burlido, no seu preparacion para do asalto ao maraton, o incombustble Moncho Conde e Victor Mouriño. O novo sangue correu a cargo de Rocio e Alfredo, debutantes deste ano co club.

Carreira moi recomendable polo trato da organizacion, o cariño do pobo de Carballiño que non pararon de dar animos e o toque final con cana de cervexa ao rematar a carreira.

 

 

Victor Mouriño

 

Crónica: Victor Mouriño

Fotografías : Ana Bugarín

I DUATLÓN ESTRADA DE VEDRA 2014

 

Este Sábado 15 celebrouse na localidade de Vedra a 4ª proba do circuito Galego de duatlón e última proba clasificatoria para o Campeonato Galego da especialidade.

O Atletismo Porriño, aproveitando a sinerxia das ganas dos nosos trileros, xunto co bo tempo reinante na nosa comunidade estos días, desprazou ate 17 “Trileros” e parece que non se deu mal.

 

Marcos frances debutando na modalidade de Duatlon

 

Jose Angel Alvarez outro debutante

 

Héctor Alvarez cadete de 1º ano e 1ª proba na modalidade

 

Comenzaba o groso da nosa participación na primeira das saídas, sen tempo de corte. Bo papel dos cadetes Sergio Pérez, Héctor Alvarez e Iago Sobreira, ainda que con diferentes sortes.

Sergio acadaría a terceira plaza do caixón demostrando unha boa progresión. Héctor debutaba este ano, e acadaría a 4 plaza da categoría, amosando boa forma na carreira a pe. Iago despois de unha grande saída atoparíase con problemas físicos que lle impidiron rendir coma el nos ten acostumados.  O noso veterano, Caramés quedaría a un posto de revalidar o podio da anterior proba en Lugo.

O resto de participantes nesta proba foron, Felipe Domínguez (102) Pablo Regueira, que debutaba esta tempada (134) Debutante tamén David Domínguez (135) Caramés(139) Jose Angel Alvarez (149) Jose Salgueiriño, debutante na especialidade tamén (153) e Santiago Romero (159) . Non pudo acabar a proba por unha caída Isidro Domínguez, ainda que non tivo consecuencias graves.

Máis tarde sobre as 17:30 dábase a saída na proba de féminas, na que non teríamos ninguna participante, xa que Sandra Sobreira atopabase convocada pola selección Galega de Atletismo para disputar o Estatal de Cross en Mérida e María Martínez por motivos laboráis. A loita centrouse nas xoves triatletas do Triatlón Ferrol, que demostran un grande traballo de base tendo asegurado o relevo do seu todavía novísimo e forte equipo Elite , así o podio repartiríano Carmen Gómez Cortés (1ª) Ines Santiago (2ª) e Sara Guerrero (3ª) as tres de categoría cadete femenina que nos dá unha idea do potencial de este equipo.

Dez minutos despois faría a sua saida a proba Elite ou con tempo de corte, donde partíamos con 6 integrantes, Brais Misa, Ismael Lago, Diego Salgueiriño, Victor Fortes, Alberto Domínguez e Marcos Francés, debutante este ano.

Brais Canosa do Inforhouse, dominaría dende o primeiro momento a carreira, convertíndoa nun monologo. No grupo perseguidor loitaba Misa por facerse un posto no podio, loita que tería que aplazarse para o terceiro sector. No sector de bicicleta a alta velocidade foi a nota predominante, formándose dous grupos que rodaron a  medias de ate 38 km/h. No primeiro grupo marchaba Brais Misa, no segundo Isma, Diego e Alberto, non conseguindo meterse neste grupo Victor e Marcos.

Foi no terceiro sector, o segundo de carreira donde Brais Misa acadaría imporse ós seus compañeiros de grupo para entrar en meta como 2º clasificado a 25 seg. De Canosa. Boa carreira a pé tamén para Isma Lago e Diego Salgueiriño (24º e 27º) Alberto Domínguez clasificaba o 45º, Victor fortes o 67º e Marcos Francés o 78º. Bo papel tamén no colectivo donde 1 segundo privounos de subir ó podio por equipos, quedando cuartos.

A falta de confirmación oficial, Diego Salgueiriño e Alberto Domínguez podrían ter clasificado para a disputa do campeonato galego absoluto, xunto con Brais Misa e Ismael Lago xa clasificados anterirormente.

 

Crónica: Alberto Domínguez

Fotografías: Asun e Doris

Participación de Iria no Campionato de España de Pista Cuberta

Esta fin de semana disputouse en Antequera (Málaga) o Campionato de España de Pista Cuberta, participando Iria Rodríguez Huertas na proba de 1000 ml. As semifinais foron o sábado, tocándolle na terceira serie. Desgraciadamente, non foi quen de pasar o corte, correndo na serie máis rápida, sen boas sensacións e por debaixo das súas posibilidades. Antequera está a 1.100 quilómetros de Porriño, e a viaxe puido pasarlle factura, sobre todo tendo en conta que non dimos saído ata as catro da tarde, chegando de madrugada logo de case dez horas. Vai haber que acostumarse, porque todas as pistas de atletismo cubertas onde se poden organizar campionatos deste tipo quedan bastante lonxe de Galicia. Agora queda a recuperación física e mental, e prepararse para o verán, paseniño e sen agobios de competicións.

 

 

Fotos e crónica: José Antonio Rodríguez

Mini Trail en Lestedo

O sábado pasado disputouse unha carreira de montaña en Lestedo, que subía ata arriba do pico sacro, percorréndose unha distania total de 9 km.

Foi pola tarde e notábase a calor. Esta carreira caracterízase polas súas fermosas vistas e sobre todo polas súas fermosas subidas, notándose con diferencia o final do kilómetro 6, que dispón  da parte máis pronunciada, onde é preciso votar as máns o chan e, nos últimos metros, a unha corda que servía de axuda para acadar a cima, onde agardaba auga fresquiña e ánimos de moita xente, ademáis da sensación de saber que só quedan dous kilómetros fáciles de baixada. A carreira remataba debaixo dunha carpa onde había filloas e biscoitos para todos, un verdadeiro recibimento para os corredores

A única representante do club foi Sandra Sobreira, que acadou o 4º posto feminino.

 

Crónica: Sandra Sobreira.

Fotografía: Juan Doval.