Axuda a Jorge a Camiñar!

Axuda a Jorge a Camiñar!

Jorge é o fillo dunha veciña porriñesa que no nacemento sufriu unha parálise cerebral que non lle permite ter autonomía propia.

Existe un andador especial que lle permitiría ter a súa autonomía, puidendo poñerse en posición vertical e sentir así algo parecido a camiñar.

O deporte, unha vez máis convérteuse nunha actividade solidaria. Os compañeiros do Basquet Coruña, xunto coa Anpa Valle Inclán e o ADC As Mariñas de Oleiros, levan adiante unha excelente iniciativa.

Consiste en axudar á familia a conseguir o andador especial para Jorge.

Para iso, o vindeiro venres día 12 de abril ás 21 h. celébrase o partido de baloncesto entre o Basquet Coruña e o Ourense. O 60% das entradas que se recauden neste partido irán destinadas a axudar a Jorge a camiñar.

Podes mercar a túa entrada por 3€ para o partido nos seguintes puntos de venta:

– ANPA CEIP Valle-Inclán, Perillo-Oleiros, de 13:30 a 18:00 horas.
– Secretaría Escola Oficial de Idiomas A Coruña, de 9:00 a 14:00 horas.

Si non eres de A Coruña ou non podes achegarte, podes colaborar co teu donativo na FILA CERO.
Nº Conta Banco Pastor 0072 0162 71 0000104549
Beneficiario: Agrupación deportiva As Mariñas – Fila Cero Jorge

A xente que non quera facer donativos por estes medios, poderá achegarse a facer o donativo nun peto que terá o Club de Atletismo Porriño o vindeiro 05 de maio na Praza do Concello de O Porriño, o mesmo día en que se celebrará unha proba de duatlón.

Podedes ver a nova en V Televisión eiquí.

Si queredes seguir ó grupo de facebook Ayuda a Jorge a caminar, podedes premer eiquí.

 

 

 

 

 

 

 

Share this post