CAMPEONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR MONDOÑEDO 07/05/16

O día 7 de mayo disputouse en Mondoñedo o Campionato Galego de Duatlón de categorías menores.

A viaxe foi longa, pero todos os nenos do noso club que conseguiron pasar ó Campionato Provincial alí estaban cheos de ilusión e moitas ganas, ainda que o día non acompañou nada, pois choveu case todo o tempo.

Moitos dos nenos foron ata Mondoñedo pola súa conta acompañados dos seus país, outros foron no furgón do club, dende aquí queremos agradecerlle a Miro que fixera de conductor, e a Panadería Erundina por facer para todos uns bocadillos riquíííísimos.

Despois de recoñecer o circuito todos os que alí estábamos coincidíamos no mesmo…. o circuito era moi perigoso para ser unha proba para nenos. A verdade é que a Federación non estivo nada acertada elexindo o circuito nesta ocasión, xa que as curvas en pendente facianse complicadas para os nenos, ademais de non ter a señalización e seguridade que se precisa para este tipo de probas infantis.

DSC_0079

Na categoría benxamin masculina tiñamos a Telmo (12º) Xoel (20º) Nelsón (21º) Diego (24º) e Iker (30), foi unha gozada ver a este equipo de pequenos loitar con tantas ganas. Por equipos fixeron pódium, acadando o 3º posto.

Na categoría alevín feminino tiñamos a Laura Alonso que conseguiu quedar 2ª galega, Sabela María (5ª), Noa Burgos (18ª). Estas mozas veñen pisando moi forte…. Este equipazo conseguiu o 1º posto do pódium.

(Nesta categoría houbo un accidente dunha nena do Terras de Lugo, que despois de coller unha curva en pendente non frenou a tempo, e chocou cunha barandilla de ferro que por sorte non tivo consecuencias). Por este motivo non se puido celebrar a carreira da categoría cadete, pois as probas foron disputándose con 1 hora de retraso, e cando tocabanlle correr os cadetes xa empezaba a oscurecer.)

Os alevíns masculinos, fixeron unha carreira moi disputada, había moita participación por equipos nesta categoría. Nicolás Mazoy conseguiu quedar 3º galego, Diego (16º), Gonzalo (17º), Denís (20º), Carlos (22º), Jose (32º). Con estes resultados este equipo acadou o 3º lugar do pódium por equipos.

Nico Mazoy no podium
Nico Mazoy no podium

Laura Mazoy foi a única participante do noso club na categoría infantil feminino, cunha carreira de vertígo, e un sector de bici moi bo, conseguiu quedar 2ª galega. Esta rapaciña, xa esta acostumada os pódium, sobre todo en atletismo, pero quedar segunda galega en duatlón en categoría infantil fixolle moita ilusión, xa que cada vez que se sube de categoría a cousa ponse mais e mais difícil.

laura na carreira a pe
laura na carreira a pe

Na categoría infantil masculino, tiñamos a Pablo Almeida (17º), Isaias Gil (18), Daniel Philippon (31º) y Pedro Peixoto (32º), no sector da carreira a pe dominaron os nosos rapaces, e no sector da bici fixeron un gran esforzo. Acadaron o 6º lugar por equipos.

Na clasificación por equipos os nosos nenos conseguiron 3 podium,e levaron para o club 3 trofeos….

Neste club no nos importan os trofeos nin os premios, (ainda que a eles como nenos que son… fanlle moita ilusión), a este club o que mais lle importa e ver como estes rapaces crecen no deporte cuns valores moi importantes, que van mais alá da rivalidade…..

DSC_0106
Carlos Bautista no sector da bici

Aquí ensinamos que o deporte é san, divertido, que detrás de cada esforzó hai sempre unha recompensa que é a nosa propia satisfacción, e que non importa gañar ou perder, o que mais nos importa e que crezcan no deporte con valores, con humildade, aprendendo que con sacrificio, e vontade podemos conseguir as nosas propias metas.

Crónica: Eva Martínez

Fotografías: Eva Martinez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *