Category Archives: DEPORTE ESCOLAR

CRÓNICA DUATLÓN ESCOLAR DE NIGRÁN 2018

Mañá do domingo 15 de abril de 2018, agardábamos choiva en Nigrán, o tempo nos deu unha mañá apacible con respecto a auga. Pola contra por momentos se levantaba un vento moi frío.
Gran día pra atoparse c@s nov@s amig@s tralo campamento de tri, apertas e ledicia o reencontrarse. Gran día pra comprobar a boa sintonía entre os clubes Atletismo Porriño e Atletismo Tui, equipazo.
Fantástico lugar para a práctica do duatlón, praia América. Treito a pé totalmente plano igual o circuito de bicicleta. Agás unha parte, uns 200 mtrs con pendiente que primeiro tomaban en sentido ascendente e logo descendente cunha rotonda o final da baixada pra poñer en valor a habilidade e a técnica na bici.
As 10:30 da comezo a proba pre-benxamín donde Tomás realiza un primeiro sector a pé fabuloso, un sector en bici espectacular no que se recuperou dun pequeno erro de orientación/organización o collela bicicleta e un último sector a pé afianzando a sua primeira posición, gran victoria.


Esta deu paso @s benxamíns, na que participaron: Iria que fixo bos sectores a pé pero frouxeou na bici, con práctica todo se soluciona. Pola banda masculina interviron Laureano que sufriu moitísimo no último sector e se quedou sen facer un ”pra”??? na bici… E Xabier, primero sector a pé moi discreto, primeira transición na que o puideron descalificar, descolgou a bici antes de poñelo casco, nervos, cansancio, falta de práctica, perdeu moito tempo. O compensou cun excelente sector de bicicleta chegando a transición pra encaralo último sector na loita polo terceiro posto. Boa transición e mellor último sector a pé, como lle recoñeceu o seu entrenador. Meritorio terceira posición moi lonxe dos primeiros.


@s infatiles Laura, Noa, Paula, Sabela, Carlos, Nico e Diego foron o grupo máis nutrido de tódalas nosas categorías. Moita emoción ofrecida por el@s. Non todo está perdido si non se fai un gran primeiro sector, a bici pode dar folgos coma no caso de Carlos, que demostrou que en 6 km se pode recuperar moito treito. Pola contra miramos como Sabela sufríu nesta parte. Moi constante Laura que acadou a medalla de bronce.

Noa, Pula e Sabela acadaron o quinto, sexto e séptimo posto conseguindo así o primeiro posto por equipos. Grande carreira masculina a que nos brindaron Nico e Diego, o primeiro indo en cabeza gran parte da carreira rematando segundo e Diego que afianzou o terceiro posto vendo de lonxe os dous primeiros e o cuarto clasificado. Con Carlos octavo conseguiron igual cas féminas o primeiro posto por equipos.


Por último Lucía, Pedro e Chiki, este último facendo excepcionais sectores a pé pero con moita falla de bicicleta, igual lle pasou a Lucía e Pedro. Hai que rodar máis. Finalizaron sexta, octavo e sexto respectivamente.
Bravo a todolos MINITRILEIROS.

Crónica: Damián

Fotografía: Patricia

CAMPEONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR MONDOÑEDO 07/05/16

O día 7 de mayo disputouse en Mondoñedo o Campionato Galego de Duatlón de categorías menores.

A viaxe foi longa, pero todos os nenos do noso club que conseguiron pasar ó Campionato Provincial alí estaban cheos de ilusión e moitas ganas, ainda que o día non acompañou nada, pois choveu case todo o tempo.

Moitos dos nenos foron ata Mondoñedo pola súa conta acompañados dos seus país, outros foron no furgón do club, dende aquí queremos agradecerlle a Miro que fixera de conductor, e a Panadería Erundina por facer para todos uns bocadillos riquíííísimos.

Despois de recoñecer o circuito todos os que alí estábamos coincidíamos no mesmo…. o circuito era moi perigoso para ser unha proba para nenos. A verdade é que a Federación non estivo nada acertada elexindo o circuito nesta ocasión, xa que as curvas en pendente facianse complicadas para os nenos, ademais de non ter a señalización e seguridade que se precisa para este tipo de probas infantis.

DSC_0079

Na categoría benxamin masculina tiñamos a Telmo (12º) Xoel (20º) Nelsón (21º) Diego (24º) e Iker (30), foi unha gozada ver a este equipo de pequenos loitar con tantas ganas. Por equipos fixeron pódium, acadando o 3º posto.

Na categoría alevín feminino tiñamos a Laura Alonso que conseguiu quedar 2ª galega, Sabela María (5ª), Noa Burgos (18ª). Estas mozas veñen pisando moi forte…. Este equipazo conseguiu o 1º posto do pódium.

(Nesta categoría houbo un accidente dunha nena do Terras de Lugo, que despois de coller unha curva en pendente non frenou a tempo, e chocou cunha barandilla de ferro que por sorte non tivo consecuencias). Por este motivo non se puido celebrar a carreira da categoría cadete, pois as probas foron disputándose con 1 hora de retraso, e cando tocabanlle correr os cadetes xa empezaba a oscurecer.)

Os alevíns masculinos, fixeron unha carreira moi disputada, había moita participación por equipos nesta categoría. Nicolás Mazoy conseguiu quedar 3º galego, Diego (16º), Gonzalo (17º), Denís (20º), Carlos (22º), Jose (32º). Con estes resultados este equipo acadou o 3º lugar do pódium por equipos.

Nico Mazoy no podium
Nico Mazoy no podium

Laura Mazoy foi a única participante do noso club na categoría infantil feminino, cunha carreira de vertígo, e un sector de bici moi bo, conseguiu quedar 2ª galega. Esta rapaciña, xa esta acostumada os pódium, sobre todo en atletismo, pero quedar segunda galega en duatlón en categoría infantil fixolle moita ilusión, xa que cada vez que se sube de categoría a cousa ponse mais e mais difícil.

laura na carreira a pe
laura na carreira a pe

Na categoría infantil masculino, tiñamos a Pablo Almeida (17º), Isaias Gil (18), Daniel Philippon (31º) y Pedro Peixoto (32º), no sector da carreira a pe dominaron os nosos rapaces, e no sector da bici fixeron un gran esforzo. Acadaron o 6º lugar por equipos.

Na clasificación por equipos os nosos nenos conseguiron 3 podium,e levaron para o club 3 trofeos….

Neste club no nos importan os trofeos nin os premios, (ainda que a eles como nenos que son… fanlle moita ilusión), a este club o que mais lle importa e ver como estes rapaces crecen no deporte cuns valores moi importantes, que van mais alá da rivalidade…..

DSC_0106
Carlos Bautista no sector da bici

Aquí ensinamos que o deporte é san, divertido, que detrás de cada esforzó hai sempre unha recompensa que é a nosa propia satisfacción, e que non importa gañar ou perder, o que mais nos importa e que crezcan no deporte con valores, con humildade, aprendendo que con sacrificio, e vontade podemos conseguir as nosas propias metas.

Crónica: Eva Martínez

Fotografías: Eva Martinez

Campionato Provincial de Campo a través Xogade, Cesantes 2015

O 7 de febreiro celebrouse o campionato provincial de campo a través na localidade de Cesantes, Redondela.Nunha maña fria e ventosa.

Na categoria infantil masculino o equipo formado por Ivan Porto , Yago Lopez , Pablo Almedida  e Daniel Phillipon remataron en sexto lugar por equipos e individualmente (25,31,32,45).

No infantil feminimo Laura Macoy acadou o sexto posto e Carla Guisande o noveno.

Parte dos cativos que participaron na proba
Parte dos cativos que participaron na proba

Nas categorias mais pequenas chegarian as alegrias para o club. No alevin feminino Laura Alonso acadaria  o segundo posto e Uxía Rodríguez Huertas o terceiro.

Laura e Uxía
Laura e Uxía

No alevin maculino Nicolas Macoy acadou o noveno posto.
E xa no benxamin masculino Alex Rodriguez acadaria a terceira posicion cun sprint espectacular.

Noraboa a todos e agora a polo o campionato galego .

Crónica: Ángeles Matos

Fotos: Ángeles Matos

Xornadas de iniciación ó atletismo en idade escolar

Como Escola de Atletismo e como Club con deberes na sociedade, decidimos colaborar co Colexio Público de Atios en dúas xornadas adeicadas a este deporte, nas que tivemos tódalas facilidades e dispoñibilidade tanto do Colexio como da mestra de Educación Física, Isa.

IMG_2811
Collendo forma as estacións
IMG_2809
Dani e Mario revisando as estacións

O Club Atletismo Porriño diseñou, adaptándose as necesidades de cada curso e a mobilidade dos rapaces, unhas actividades que ningún neno quixo perderse.

Agradecemos enormemente a Isa a oportunidade que nos brindou para poder achegar esta modalidade deportiva, así como de mostrar a nosa labor como Club.

Nada e corre 2013

 

PROBA NADA E CORRE VIGO

CLASIFICATORIO PARA CAMPIONATO GALEGO 2013

REGULAMENTO:

Lugar: Complexo Deportivo As Travesas ( Vigo)

Data: 10/Marzo/2013

Hora:11:00

Participantes: Federados de Tríatlon ou con licenza de un día (12 euros)

 

Distancias para categorías masculina e feminina:

Benxamín 50 metros natación + 500 metros carreira

Alevín 100 metros natación + 500 metros carreira

Infantil 200 metros natación + 1000 metros carreira

Cadete 400 metros natación + 2000 metros carreira

Inscrición:

Dirixidas á Federación de Tríatlon e P.M. a través do e-mail: fegatri@hotmail.com ,ou no fax 982 109 800 (nome, apelidos, data de nacemento, club e tempo de natación).

Data límite de inscrición:  Martes  05 de   Marzo

Premios: Medallas ós 3 primeiros clasificados, masculino e feminino de cada categoría.

 

Nada e corre 2013

2º PROBA NADA E CORRE VILALBA

CLASIFICATORIO PARA CAMPIONATO GALEGO 2013

REGULAMENTO:

Lugar: Complexo Deportivo A Magdalena (Vilalba)

Data: 23/febreiro/2013

Hora:11:00

Participantes: Federados de Tríatlon ou con licenza de un día (12 euros)

Distancias:

Benxamín 50 metros natación 500 metros carreira

Alevín 100 metros natación 500 metros carreira

Infantil 200 metros natación 1000 metros carreira

Cadete 400 metros natación 2000 metros carreira

Categorías Masculina e Feminina

Inscrición:

Dirixidas á Federación de Tríatlon e P.M. a través do e-mail: fegatri@hotmail.com ,ou no fax 982 109 800 (nome, apelidos, data de nacemento, club e tempo de natación).

Data límite de inscrición: martes 19 de Febreiro.

Premios: Medallas ós 3 primeiros clasificados, masculino e feminino de cada categoría.

NOVAS NORMAS DO “NADA E CORRE 2013”

A Federación Galega de Triatlón comunicounos o dia 05.02.2013 que modifican a normativa do “Nada e Corre” ( no primeiro punto, xa que este ano non cubre o seguro de XOGADE ós participantes nestas probas, polo que xs atletas deberán dispoñer de licenza federativa ou facer licenza dun día).

 

  • Nas probas só se poderá participar con licenza federativa ou facendo licenza por un día (custo 12 euros). Categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

  • Celebraranse 3 citas clasificatorias e unha final. En cada proba clasificatoria poderán participar tódolos deportistas dos Clubs Galegos que o desexen.

  • Para a final Galega clasificaranse os 4 primeiros de cada proba por categoría e sexo, non computando os xa clasificados en probas anteriores.

  • En cada proba outorgaranse medallas acreditativas ós 3 primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría.

  • Na final autonómica entregaránselle trofeos ós tres primeiros clasificados  masculinos e femininos de cada categoría. Tamén haberá clasificacións por equipos (co mesmo sistema que a clasificación do Cpto. Galego de Tríatlon de Categorías Menores).

  • Cada proba consistirá en nadar e correr. A natación efectuarase en series por categoría e sexo tratando de conformar as mesmas en base ós tempos de nado que estimen os adestradores. Na final estableceranse as series en función das marcas das xornadas previas.

  • Na carreira realizarase unha saída por categoría e sexo saíndo todos á vez. Cando nunha categoría saían máis de 20 cativos poderá haber unha saída A e outra B con igual número de cativos, segundo o orde da clasificación da natación. A clasificación final será o resultado da suma de tempos da carreira e da natación.

  • Distancias:

Benxamín 50 metros natación 500 metros carreira

Alevín 100 metros natación 500 metros carreira

Infantil 200 metros natación 1000 metros carreira

Cadete 400 metros natación 2000 metros carreira

  • Calendario:

1ª Proba clasificatoria: 03/02/2013 en Riveira

2ª Proba clasificatoria: 23/02/2013 en Vilalba (Lugo)

3ª Proba Clasificatoria: 10/03/2013 en Vigo

Final: 16/03/2013 no CGTD (Pontevedra)

  • Inscricións:

Ata o martes anterior á proba, enviándoa á Federación a través de email (fegatri@hotmail.com) ou  fax (982 109 800).(Nota: enviando nun Excel o nome, apelidos, data de nacemento, club e tempo de natación).

Para as licencias de un día hai que enviar a copia do DNI e do xustificante de pago.

  • COMUNICACIÓN DE BAIXAS: Estas deben ser comunicadas antes das 20:00 horas do mércores anterior á proba (moi importante para a organización tanto da proba como do transporte).
    O Club que teña un número de baixas do 25% ou máis (que non foran comunicadas) queda sen poder participar na seguinte proba.

*** A Federación asumirá os gastos de: medallas, trofeos, xuíces e transporte (sempre e cando se trate de grupos con un número mínimo de persoas e dende a mesma localidade).

 

RIVEIRA ACOLLEU A PRIMEIRA PROBA DO PROGRAMA “NADA E CORRE”

Fotografía

 

 

O programa “Nada e Corre” da Federación Galega de Tríatlon comezou este domingo 03 de febreiro a dar os seus primeiros pasos coa disputa da primeira proba en Riveira, coa participación de máis de douscentos deportistas. As probas celebráronse no  Complexo Deportivo A Feiteira.

Este programa está adicado á promoción das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete; ten como obxecto traballar a carreira a pé e de forma moi especial a natación, posto que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos.

As distancias a percorrer dependen das categorías:

Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Os gañadores das probas foron os seguintes:

Categoría benxamín: Elsa Pena Vicente (Atletismo Tui) e Roi Dopico Rey (Tríatlon Ferrol)
Categoría alevín: Andrea Vidal Lamas (Cidade de Lugo Fluvial) e Jorge González Mariño (Natación Riveira).
Categoría infantil: Raquel Ruíz Brage (Tríatlon Ferrol) e Mauro Paredes Romero (Club Natación Riveira).
Categoría cadete: Aroa Freije Torneiro (Cidade de Lugo Fluvial) e Andrés Cendón (Dexter Tríatlon Compostela).

“Nada e Corre” está formado por tres probas clasificatorias (Riveira, Vilalba e Vigo) e unha final. A final terá lugar o día 16 de marzo en Pontevedra, e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo.

 

 

1º proba nada e corre 2013

PROBA NADA E CORRE

CLASIFICATORIO PARA CAMPIONATO GALEGO 2013

REGULAMENTO:

Lugar: Complexo Deportivo A Fieiteira –Riveira

Data: 03/febreiro/2013

Hora:11:00

Participantes: Federados de Tríatlon e inscritos do programa XOGADE en Duatlon e Tríatlon

Distancias:

Benxamín 50 metros natación 500 metros carreira

Alevín 100 metros natación 500 metros carreira

Infantil 200 metros natación 1000 metros carreira

Cadete 400 metros natación 2000 metros carreira

Categorías Masculina e Feminina

Inscrición:

Dirixidas á Federación de Tríatlon e P.M. a través do e-mail: fegatri@hotmail.com ,ou no fax 982 109 800 (nome, apelidos, data de nacemento, nº identificación programa xogade, club e tempo de natación).

Data límite de inscrición: martes 29 de Xaneiro ás 14:00 horas.

Premios: Medallas ós 3 primeiros clasificados, masculino e feminino de cada categoría.