CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA DISTANCIA 2013

Xa temos a lista definitiva dos valentes que van representar o club no campionato galego de media distancia que se vai disputar entre os concellos de Castrelo de Miño, Leiro e Avion o dia 12 de maio de 2013.

Esta proba e das máis duras do panorama nacional. A proba de ciclismo preséntase moi dura polo desnivel positivo acumulado non sector (dous portos de 1ª categoria, con ramplas do 18%). En natación faise unha distancia de 1900 mtrs. no encoro de Castrelo de Miño. Remátase coa carreira a pé de 21 km. ,tamén en Castrelo de Miño.

O slogan dá proba é «mais que un triatlón de media distancia é un desafio«, causa principal da participacion dos trialetas do club.

Algúns repiten experiencia, coma José Carlos Gago e Miguel Fernández. Outros xa fixeron MD pero non con este desnivel acumulado, como Enrique Morán. Quedan os que o van tentar por primeira vez, Michi, Sevi,Manuel Salgueiro e Victor Mouriño.

O club e o seu adestrador ultimarán a preparación para este reto.

Desexámoslle sorte para alcanzar as súas metas persoais.

Máis info eiquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *