Campionato de España de Duatlón. Soria 2015.

O pasado día 11 de abril tivo lugar na cidade castelá de Soria o Campionato de España de duatlón élite onde o Club Atletismo Porriño  fixo historia  ca representación de Brais Misa García.

O noso compañeiro, tras clasificarse o pasado mes de marzo na proba asturiana de Morcín, acudía a cita nacional tentando facelo o mellor posible.

A proba sería a última dun longo día de carreiras. Froito da regular organización, as probas comezaron a retrasarse e sendo a elite masculina a última do día acumulouse un retraso de 50 minutos.

Finalmente as 19:25 dábase a saída a elite masculina onde os 100 mellores duatletas do panorama nacional dábanse cita para demostrar a súa valía.

O percorrido totalmente urbano, discorreu pola céntrica alameda de Cervantes de Soria, sobre un segmento de 5000 metros nun circuíto moi revirado, estreito e onde o público estaba a escasos centímetros dos corredores. O ritmo foi frenético dende o inicio e Brais tentouse manter nas posicións máis dianteiras co fin de coller un bo grupo de bici. O paso da primeira volta marchaba no grupo do posto 20 ao 30, sen embargo a segunda volta perdeu algo de gas e entrou na transición no posto 58 a 1’20 da cabeza da proba.

Xa no segmento ciclista, o noso compañeiro recuperou posicións ata chegar ao segundo grupo onde se mantería todo o segmento de ciclismo nun exixente circuíto.

Xa na última carreira a pe, as sensacións non foron as mellores e conseguiu defenderse o mellor posible entrando en meta no posto 41.

Brais Misa
Brais Misa

Un gran experiencia na que se cometeron erros de novato pero onde os pequenos detalles aprendidos para próximas citas, son o que conta. Ademais de vivir unha moi boa experiencia a nivel deportivo.

Fotografía: Brais Misa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *