Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en pista cuberta

A fin de semana pasada, celebrouse no Palacio dos Deportes da Coruña, o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en pista cuberta, onde competían as 18 mellores marcas da tempada actual e da tempada anterior en xornada de mañá e de tarde.
A primeira atleta en correr foi Uxía Rodriguez Huertas, que acadou a 5ª praza na proba de 1000 ml.

Xa pola tarde tivemos a participación de tres dos nosos atletas, Carla Guisande Vieito ( 6ª) e Pablo Almeida Seoane ( 5º) na proba de 500 ml Alevín e  Yago Lopez Sousa (8º) na proba de 500 ml Infantil.
Noraboa a estes pequenos/ grandes atletas que saíron á pista con moitos nervios pero que tamén loitaron ata o último segundo por acadar a meior praza.
Yago, Carla e Pablo. Nesta foto falta Uxía, posto que competiu en horario matinal.
Crónica e fotos: Aurora Sousa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *