Campionato Galego de Cross Veterano en Santiago de Compostela e II Cross Popular Compostela

Onte celebrouse o Campionato Galego Veterán de Cross no circuito do Monte do Gozo en Santiago de Compostela. Esta proba coincidía co II Cross Popular Compostela.

Os represtentantes do noso club foron Irene Sobreira e Juan Carlos Vidal González que corrían nas categorías F45 e M45 respectivamente.

A proba feminina F45 comenzaba ás 11:35 facendo un percorrido de aproximadamente 5.160 m..

Irene Sobreira Castro, para quen é a súa segunda carreira en proba oficial, logrou un meritorio 5º posto na súa categoría.

 

Irene Sobreira Castro na proba F45

A categoría M45, onde participaba o Juan Carlos Vidal González, arrancaba ás 13:10 h. percorrendo a distancia de 5.160 m. aprox.. Esta distancia foi cuberta por Juan Carlos en 22:01, logrando un 5º posto na súa categoría.

Juan Carlos Vidal González na proba M45

Un pouco máis temprano que estas probas, ás 10:45 h., celebrábase a II Cross Popular Compostela, onde tiñamos a Sandra Sobreira como a nosa representante.

Percorríanse tamén 5.160 m. aprox.. Unha vez máis, Sandra non nos defraudou e logrou proclamarse campiona da proba na categoría promesa feminina e o posto 33º na xeral mixta cun tempo de 26:04.

 

 

Sandra Sobreira na proba popular

 

Todas as fotografías foron extraídas dos álbums dos usuarios da páxina Correr en Galicia Koala36, Moses e Xurxo64. Moitas gracias!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *