VI Carreira Popular de Amorín

VI Carreira Popular de Amorín

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Achegámonos o domingo día 15 unha vez máis ata Amorín (Concello de Tomiño) para participar na carreira que organizan os nosos colegas da Asociación de Veciños de Amorín. Trátase dunha carreira irmá á que este club lle ten moito cariño e aprecio. Esa parroquia contribuiu dalgunha maneira a levar o noso club ata o lugar onde o temos situado agora mesmo.

O día comezaba con moita calor. As temperaturas aumentarían progresivamente ata dar comezo a VI Carreira Popular de Amorín (carreira pola integración coa UNICEF).

A carreira absoluta daba a saída as 11:00 da mañá, cubrindo una distancia de 6270 m polas inmediacións. Foi una carreira que se caracterizou sobre todo polas altas temperaturas que tiveron que afrontar os atletas no desenvolvemento da proba, o que facía que as costas que compoñían o circuíto parecerán aínda máis pronunciadas.

O Club Atletismo Porriño contou coa participación de moitos dos seus e as súas atletas, que deixaron o nome do club no máis alto dos podos nas súas respectivas categorías. Esto fíxose posible grazas á presenza de: Santiago López (gañador da carreira), Brais Misa (3º posto da xeral), Ismael Lago (4º posto da xeral), Iago Sobreira (posto 20º), Jose Antonio Burgos (posto 21), Diego Salgueiriño (posto 31º), Alfonso Conde (posto 47º), Isaías Burlido (posto 79º), Sandra Sobreira (posto 80º), Irene Sobreira (posto 90º).

Despois da carreira absoluta disputáronse as categorías menores, nas que estivemos representados por Noa Burgos, Uxía Rodríguez, Nicolás Mazoy, Laura Mazoy e David Burgos, que fixerón unhas actuacións sensacionais, deixándonos tamén no alto do podio.

O ambiente percibido na carreira e a súa organización forón inmellorables, e o seu carácter de colaboración con este tipo de entidades como UNICEF un moi bó exemplo.

Crónica:  Sandra Sobreira. Introducción Atletismo Porriño.

Fotografía: Asun Monroy

Fotos de Asun Monroy

Fotos de Marta e Safardatxo

Share this post