Carreira de San Bartolomé en Tui.
O sábado 22, retomábase despois de 28 anos a carreira de San Bartolomé en Tui. Achegábanse ata alí unhas 400 persoas con ganas de pasar unha mañán de Sábado divertida facendo algo de deporte. O ambiente de festa, os inchables para os mais cativos e a moi boa organización fixeron que iso fose posible.
Diante da capela instaláronse os arcos de Saida e Meta, e dende alí percorreron os máis maiores un total de 3,3 km na modalidade absoluta. A carreira foi rápida dende o principio, máis tendo en conta que se comezaba baixando, despois viña a costa de adoquín por detrás da capela. O resto do circuito diría que era bastante levadeiro.
Non houbo moita representación por parte do noso club, pero a que había fíxose notar dabondo, tendo en conta que contábamos coa presenza da nosa perla Uxía Perez (ainda que pertence ao Club Atletismo Tui é unha máis de nós) que quedou no posto 21 dos 160 participantes, ademáis de primeira muller en chegar á meta e 1ª na sua categoría. Jose Antonio Burgos fixo un tempo impresionante quedando 5º na xeral e 1º na súa categoría. Mónica Pena acadou o posto 76º que a levou á 3º plaza das Veteranas.
Mónica Pena na imaxe superior e Burgos (ó fondo) na imaxe inferior nun tramo da carreira.
Houbo multitude de trofeos para os gañadores, todos eles distintos e cada cal máis bonito, doados por empresas e particulares de Tui para os cinco primeiros clasificados de cada categoría, polo que foi unha auténtica festa de trofeos, ademáis de sorteos e regalos para os participantes.
Mencionar moi brevemente que os máis pequenos levaron case todos trofeo (David Burgos, Noa Burgos, Carla Guisande, Sabela Guisande, Laura Alonso) pero iso deixollo para o encargado da crónica infantil.
O ano que ven sen dúbida repetiremos esperando que a carreira vaia ainda a máis. Noraboa a todos os participantes, e sobre todo, á organización.
Crónica: Mónica Pena.
Fotos: David Dagá.