Dor

LOGO CABECERA A4 (Custom)Neste club non sabíamos o que era golpear no chan dun xeito tan brusco e inesperado. Hai caídas leves, pero hai outras que deixan moitísima dor. A nova que recibimos hoxe toda a familia do Club Atletismo Porriño, vai a deixarnos tendidos no chan durante un longo tempo, un tanto aturdidxs, con moitas feridas no corpo. Estas son feridas de desgarro, das potentes, das que deixan unha boa cicatriz cando comeza a restituir o tecido. Pero erguerémosnos, de seguro que o faremos. Non sabes o orgullosos que imos presumir de todas estas marcas que deixas no noso corpo, Diego!.

Botarémoste moitísimo de menos, amigo. A tí e o teu sorriso.

Boa viaxe.

 

Con moitísimo cariño para toda a súa familia das súas compañeiras e compañeiros do Club Atletismo Porriño.

9 respuestas en “Dor

  1. Juan

    Moitos bicos e ánimos para a familia de Diego e a todos os seus amig@s e compañeir@s que tuveron a sorte de coñecelo e disfrutar da sua compaña.
    Seguro que ese cachiño del que queda na vosa memoria os vai facer mais fortes e maís felices.
    Unha aperta grande para tod@s vos.

  2. Alberte

    Dende onte andamos cunha sombra sobre nós. Despois deste golpe só podemos pensar nunha grande aperta entre todxs, especialmente para a familia. Fagámolo por Diego, pois sempre estará connosco.

  3. Luis Manuel Rodríguez Cabaleiro

    Son corredor do clube Atletas Veteranos Ourense, natural de Salceda de Caselas e colaborador con éste concello na organización da 10 K. Quero expresar o mais profundo respeto ao Clube Atletismo Porriño en xeral e á familia de Diego en particular. Unha forte aperta para e moito ánimo para tod@s.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *