Duatlon de Estrada de Lugo 2014

Este domingo algúns compañeiros do Atletismo Porriño desprazámonos a Lugo!. Tocou outro madrugón para ir ó duatlón de estrada.

Quedamos ben cedo para ver o amenecer xuntos, así de románticos somos..Arrancamos ás 6 da mañá, polo camiño cando paramos na gasolineira atopámonos con outros integrantes do club. Eles íanse a un trail de Vilatuxe (polo que sabemos tamén gozáronno moito).

No traxecto non había moito espírito de competición, pero ao chegar a Lugo fómonos espertando. Estaba despexado e pouco a pouco facía máis calorciño.
Ás 10:00 dábase a saída da carreira sen corte de tempo, onde nos representaban Iago Sobreira, Sergio Pérez, Iván Reguera e Caramés.

Iago Sobreira atopouse cómodo na carreira a pé, chegando 4ª á primeira transicion, mentres se lle resistía un pouco máis o sector da bici. Ao contrario de Sergio Pérez, Iván Reguera e Caramés, que onde mellor se desenvolveron foi no sector da bici.

Segundo podium consecutivo para Caramés na categoría V2M, facendo un meritorio 3º posto. Noraboa!!

Carames disfrutando do sector da bici

Fotografía: Asun


A saída feminina sería ás 11:20 e a masculina elite ás 11:30, participando Maria Martinez, Diego Salgueiriño (debutante na modalidade), Brais Misa e Ismael Lago.

Brais Misa logrou repetir un meritorio 8º posto, Isma Monroy tivo unha bici dura xa que se quedou descolgado, e tanto a Maria Martínez como a Diego Salgueirño, fíxoselles unha carreira un pouco dura; o cansazo pasou factura.

Ao finalizar, algúns de nós pasamos pola masaxe, e volta á casa. A medio camiño paramos a comer nun terreo cun regato, no cal aproveitamos para refrescar as pernas, xa que uns compañeiros, que foron a competir ao campionato galego de veteráns, enviáronnos unhas fotos de envexa bañándose na praia; nós tivémonos que conformar co regato.

Grazas a Cristal e Asun que se deron a madrugon para vir a animarnos e sacar fotos.

María e Diego na recuperación post carreira
Fotografía: Cristal
 
 
 
Crónica: Maria Martinez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *