FIN DO CIRCUITO GALEGO DE DUATLON CROSS 2013

Sandra Sobreira, rematando o seu primeiro duatlón cross en Maside 2013 
Fotografia: Ana Bugarín

 

Hoxe domingo dia 3 de febreiro, rematou o Circuito Galego de Duatlón Cross A derradeira proba disputouse en Maside (Ourense) nun dia esplendido; ben merecido, despois do mal tempo que  acompañou ás anteriores probas do circuito.

O noso club realizou unha mangnifica campaña que rematou hoxe con dos novos  éxitos. O primeiro, foi o 4º posto de Enrique Morán na proba, poñendo un broche de ouro ó campionato realizado. O segundo, foi o debut de Sandra Sobreira na modalidade de Duatlon Cross, conseguindo rematar a proba cun sorriso. A nota negativa de última hora, foi a non presencia na proba do noso triatleta Iván Puime por motivos laboráis.

Para o club, o circuito 2013 foi todo un éxito, coa participacion de 12 triatletas nas diversas probas do circuito dando así un pasiño máis na promoción deste marabilloso deporte.

O vindeiro domingo 17 de Febreiro, dispútase o Campionato Galego de Duatlón Cross en Poio, onde sairán os campións galegos do ano 2013. Eiquí xogamos unha boa baza con Enrique Moran.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *