I DUATLÓN ESTRADA DE VEDRA 2014

I DUATLÓN ESTRADA DE VEDRA 2014

 

Este Sábado 15 celebrouse na localidade de Vedra a 4ª proba do circuito Galego de duatlón e última proba clasificatoria para o Campeonato Galego da especialidade.

O Atletismo Porriño, aproveitando a sinerxia das ganas dos nosos trileros, xunto co bo tempo reinante na nosa comunidade estos días, desprazou ate 17 “Trileros” e parece que non se deu mal.

 

Marcos frances debutando na modalidade de Duatlon

 

Jose Angel Alvarez outro debutante

 

Héctor Alvarez cadete de 1º ano e 1ª proba na modalidade

 

Comenzaba o groso da nosa participación na primeira das saídas, sen tempo de corte. Bo papel dos cadetes Sergio Pérez, Héctor Alvarez e Iago Sobreira, ainda que con diferentes sortes.

Sergio acadaría a terceira plaza do caixón demostrando unha boa progresión. Héctor debutaba este ano, e acadaría a 4 plaza da categoría, amosando boa forma na carreira a pe. Iago despois de unha grande saída atoparíase con problemas físicos que lle impidiron rendir coma el nos ten acostumados.  O noso veterano, Caramés quedaría a un posto de revalidar o podio da anterior proba en Lugo.

O resto de participantes nesta proba foron, Felipe Domínguez (102) Pablo Regueira, que debutaba esta tempada (134) Debutante tamén David Domínguez (135) Caramés(139) Jose Angel Alvarez (149) Jose Salgueiriño, debutante na especialidade tamén (153) e Santiago Romero (159) . Non pudo acabar a proba por unha caída Isidro Domínguez, ainda que non tivo consecuencias graves.

Máis tarde sobre as 17:30 dábase a saída na proba de féminas, na que non teríamos ninguna participante, xa que Sandra Sobreira atopabase convocada pola selección Galega de Atletismo para disputar o Estatal de Cross en Mérida e María Martínez por motivos laboráis. A loita centrouse nas xoves triatletas do Triatlón Ferrol, que demostran un grande traballo de base tendo asegurado o relevo do seu todavía novísimo e forte equipo Elite , así o podio repartiríano Carmen Gómez Cortés (1ª) Ines Santiago (2ª) e Sara Guerrero (3ª) as tres de categoría cadete femenina que nos dá unha idea do potencial de este equipo.

Dez minutos despois faría a sua saida a proba Elite ou con tempo de corte, donde partíamos con 6 integrantes, Brais Misa, Ismael Lago, Diego Salgueiriño, Victor Fortes, Alberto Domínguez e Marcos Francés, debutante este ano.

Brais Canosa do Inforhouse, dominaría dende o primeiro momento a carreira, convertíndoa nun monologo. No grupo perseguidor loitaba Misa por facerse un posto no podio, loita que tería que aplazarse para o terceiro sector. No sector de bicicleta a alta velocidade foi a nota predominante, formándose dous grupos que rodaron a  medias de ate 38 km/h. No primeiro grupo marchaba Brais Misa, no segundo Isma, Diego e Alberto, non conseguindo meterse neste grupo Victor e Marcos.

Foi no terceiro sector, o segundo de carreira donde Brais Misa acadaría imporse ós seus compañeiros de grupo para entrar en meta como 2º clasificado a 25 seg. De Canosa. Boa carreira a pé tamén para Isma Lago e Diego Salgueiriño (24º e 27º) Alberto Domínguez clasificaba o 45º, Victor fortes o 67º e Marcos Francés o 78º. Bo papel tamén no colectivo donde 1 segundo privounos de subir ó podio por equipos, quedando cuartos.

A falta de confirmación oficial, Diego Salgueiriño e Alberto Domínguez podrían ter clasificado para a disputa do campeonato galego absoluto, xunto con Brais Misa e Ismael Lago xa clasificados anterirormente.

 

Crónica: Alberto Domínguez

Fotografías: Asun e Doris

Share this post