INTERRUNNING PIÑEIRO – CONCELLO DE PORRIÑO 2014

 

 

Tras a incertidume vivida semanas atrás sobre a súa celebración,  finalmente, o pasado domingo e ca colaboración da administración local tivo lugar a VIII edición da INTERRUNNING. Feito do que dende o Atletismo Porriño nos congratulamos á vez que trasmitimos as nosas felicitacións a organización, tanto polo esforzo  realizado, como pola xestión desenvolvida, conseguindo manter latexante unha das probas máis relevantes do calendario autonómico e tan arraigada no noso concello.

Presentábase esta nova edición da INTERRUNING con varias novidades: Unha delas era o desprazamento no calendario, coincidindo desta vez coas festas do entroido, feito que non afectou finalmente para que preto de dúas mil persoas entre maiores e cativos vestíranse de curto para percorrer as principais rúas de O Porriño ó longo de toda a mañá; outros dos feitos novidosos eran tanto o troco  no percorrido, o cal mudou o punto de saída da rúa Ramón González á rúa Domingo Bueno, como o alongamento do mesmo pola estrada N-550 ata A Guía en Atios, acadando con estes cambios unha maior fluidez na saída, un circuito máis agradecido para os participantes e eliminar as númerosas dobraxes que se producían antano.

Deste xeito e tras a disputa das probas das categorías inferiores,  vinte minutos antes das doce do mediodía  preto de 1.300 participantes estaban convocados  en pleno domingo de entroido a disfrazarse de  atletas. Baixo unha choiva fina e persistente, que a pesares de deslucir o evento, non supuxo atranco algún para a práctica deportiva, tomándose a saída dunha proba que segue mantendo o seu maior atractivo no seu perfil, chan e rápido.

Da rapidez do circuito deron boa fe os “élite” que  acudiron á cita, en especial Alejandro Fernández e Pedro Nimo, quenes tomaron a cabeza da carreira dende o inicio, enzarzándose nun man a man que se decantaría da parte do ourensán do New Balance Team, o cal no ecuador da proba imprimiu un forte cambio de ritmo o que o Santiagués do Dare2B club de corredores Pedro Nimo non foi quen de dar resposta. Así, Alejandro Fernandez, conseguiu dar as dúas voltas ó renovado circuito nun tempo de 29:28, tempo que lle permite revalidar a vitoria acadada o pasado ano; a terceira posición foi para Akka Essaadaoui da S.A. Val Miñor cun tempo de 31:18. Na categoría femenina a maratoniana Yolanda Gutiérrez ( New Balance Team)  acadou a primeira praza ó superar con relativa comodidade a Leticia Fernandez Barbosa e Sofía Freaza Otero (Comesaña sporting Club), segunda e terceira respectivamente.

Sen dúbida a INTERRUNNING ten un significado un tanto especial para moitos dos atletas do noso club, xa  que non todos os dias temos a oportunidade de xogar na casa. Os corredores populares somos unha raza acostumada a sufrir, á que a única voz que escoita é a dun mesmo loitando contra unha fiel compañeira de zancadas, a agonía. Por iso, percorrer as rúas polas que acotío  transcorre a nosa rutina diaria ateigadas de persoas que cos seus berros  fannos chegar o seu alento máis agarimoso, é realmente gratificante. Todos tratramos de aproveitar a ocasión e mostrar diante dos nosos os progresos acadados durante o ano, e ainda que as veces o medo escénico nos xogue malas pasadas, apoiamonos nese plus moral que nos da o saber que na línea de meta agardan uns cativos orgullosos dun pai que se vaciou na búsqueda do seu obxetivo, ou que na fiestra da vivenda familiar asoma unha nai que por uns intres abandona a cazola do cocido para darlle o seu pequeno os folgos necesarios para que tamen acade a súa ansiada meta.

Magnífica actuación do conxunto de atletas que de forma masiva representaron ó noso clube no evento, no que compre destacar a Marcos Francés (34:55) primeiro porriñes en cruzar a meta e terceiro da súa categoría e Diego Salgueiriño (35:08) ¡¡¡uns tempazos rapaces!!!

Tamén participaron Roberto Alonso, José Antonio Burgos Rey, Rubén Sío Fernandez, José Luis Castro  Conde, Pablo Jacobo Soto Álvarez, Miguel Ángel Novoa Rodríguez, Carlos Santos Argibay, Felipe Dómingez Mariño, Miguel Ángel Gil González, José Ángel Álvarez Alonso, Jesús Martínez Rodríguez, José Manuel Salgueiriño Maceira, Manuel Martínez Fernández, José Isaias Burlido Borrego, Olalla,Veronica, Mónica Pena Acuña, José Ramón Conde Torres, Iván Reguera Ferreira e Irene Sobreira.

Crónica do suplemento: Marcos Francés e Roberto Alonso

(editada por Atletismo Porriño. Non houbo censura, prometido).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *