IX DUATLÓN CROSS CONCELLO DE POIO 2015

Onte domingo, disputouse a derradeira proba do circuito galego dá modalidade de duatlón cross, onde se decidían os  campións do circuito nas distintas categorías.

O campión do circuito sae da suma dos dous mellores posto das tres probas que o compoñen. En caso de empate o posto  da terceira proba decide o campión.
Na carreira absoluta estaba todo por decidir entre Marcos Mayo, Darío Otero e Brais Misa, que o final non participou.
Dende o principio Marcos Mayo se mantivo en cabeza e levouse con autoridad a proba e o campionato. Gran campionato de Darío Otero.
Na categoría femenina María Martinez conseguiu o 2 posto e proclamouse campiona do circuito!! Noraboa!!

María Martinez segunda no podium
María Martinez segunda no podium

Ano de probas moi disputadas e decididas no derradeiro sector en ambas categorías.
A proba de Samieira e unha proba moi esixente tanto no sector da carreira a pe, como no da Btt, a derradeira baixada antes dar comenzo unha nova volta e de auténticos bikers,onde o público disfruta do espectáculo.
Nesta proba o noso club estivo, representado por María Martinez, Moises Lorenzo, David Oliveira e Víctor Mouriño. Os catro conseguiron rematar a proba e non levar un golpe.
Con moita pena despedimos a modalidade de cross, que este ano volveu a darnos moitas alegrías.

Crónica: Víctor Mouriño

Fotografías: Víctor Mouriño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *