Malas novas dende Valencia

 

Iria no Palau Velódrom Luis Puig de Valencia.

Tal e como vos contábamos estes días, onte celebrábase o Campionato de España Cadete de Pista Cuberta, onde Iria Rodríguez Huertas participaba na proba de 600 m..

Comezaba Iria a segunda semifinal de 600 m. con unha mala saída. Pasados os 200 m. logrou colocarse terceira. Cando faltaban 80 metros para a chegada seguía Iria en terceira posición pegada ás dúas primeiras. Foi cando por adiantamentos que se producen nas carreiras a Iria a pecharon un pouco e provocaron a súa caída ó chan. Aínda que se levantou e rematou a carreira, sexta na serie, perdeu o tempo suficiente para non poder clasificarse. De feito, incluso a que ía de quinta nesa serie (que acabou cuarta por mor da caída de Iria) clasificouse por tempos.

Unha mágoa, porque a súa serie foi con moito a máis rápida.

En fin: a aprender para outras veces.

Agora toca preparar o mellor posible o Campionato de España de Campo a Través, que será a vindeira semana en Ávila.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *