Participación de Santi López na XXXIV Carreira de Negreira

Hoxe disputouse a XXXIV edición da Carreira Popular de Negreira.

Tiñamos un participante que merece toda a nosa atención e recoñecemento. Santi López participaba na carreira absoluta (Xunior, Senior e Veteráns) que percorría 10 km. polas rúas da localidade coruñesa.

Santi rematou 6º clasificado absoluto e 1º clasificado na categoría veterán masculina.

 

 

A vindeira semana, teremos a Santi participando na Carreira de San Martiño 2013 en Ourense, xunto a un nutrido grupo dxs nosxs atletas. Iremos comentando.

 

Fotografía: Usuario reyroberto da páxina Correr en Galicia.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *