Santi López imponse de novo no Memorial Adolfo Ros na ría de Ferrol

Santi López imponse de novo no Memorial Adolfo Ros na ría de Ferrol

 

Santi á súa chegada a Fene.

A semana pasada, xa comentábamos que Santi López do Club Atletismo Porriño, fixera a proeza de repetir título na “II Media Maratón Solidaria Zona Aberta 2013” disputadana localidade de Vilagarcía de Arousa.

Hoxe Santi voltou a repetir trunfo, neste caso no XXVII Memorial Adolfo Ros – Volta á Ría 2013, onde tamén gañou o ano pasado. Esta proba celebrase en torno á Ría de Ferrol, por catro concellos que cada ano se alternan a proba: Fene, Ferrol, Narón e Neda. Este ano tocou a saída e chegada no Concello de Fene.

Dende o primeiro quilómertro Santi foi o domiñador, tendo o vento en contra en casi toda a proba. Impúxose finalmente cun tempo de 1:10:01, sacando unha ampla diferenza ó segundo clasificado, o ferrolán Carlos Piñeiro Rivas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra que rematou en 1:12:56. O terceiro posto o obtivo Pedro Traba Caamaño do Club Pato Blanco de Celanova, quen acompañou a Santi a pasada semana no podio de Vilagarcía.

A participación do noso club pechábase con Isaías Burlido e Moncho Conde.

Isaías, mellorou moitísimo ás marcas que viña facendo nas medias maratóns disputadas últimamente. Fixo un tempo de 1:42:48, chegando por diante de Moncho Conde que marcou 1:49:30.

 

Fotografía: La Voz de Galicia.

Crónica: Atletismo Porriño, a partires da nova redactada por José Valencia de La Voz de Galicia.

Share this post