XIII MEMORIAL MANUEL BARROS

Un ano mais a Sociedad Atlética Val miñor e o Concello de Gondomar, organizaron o pasado 26 de Maio o XIII Memorial Manuel Barros na que tivemos como é costume a participación de cativos do noso club.

Comezando pola categoría infantil, destacar o podio de David Burgos Argibay (2º) nunha distancia de 2.000 metros na que tamén participou Nicolás Guisande Vieito (11º).

David Burgos Argibay na esquerda.

Fotografía extraída do álbum picasa do Val Miñor.

En alevín tivemos a participación de Iván Porto Fernández (7º) en masculino e a Laura Mazoy (4ª) máis Carla Guisande (6ª) en féminas, que percorreron polas rúas de Gondomar unha distancia de 1.600 metros.

O segundo podium para o club viu da man de Laura Alonso González(2ª) na categoría Benxamín na que tamén correu Nicolás Mazoy(6º) nunha distancia de 600 metros.

 

Laura Alonso González na esquerda.

Fotografía extraída do álbum picasa do Val Miñor.

Noraboa a todxs e a coller forzas xa que esta fin de semana dispútase o Provincial de pista ó aire libre en Pontevedra.

Na categoría adulta tivemos escasa participación, posto que preto de 30 atletas do club, disputaron o día anterior o duro triatlón de O Porriño.

Tivemos como representantes a Marcos Fernández Carrrera ( na súa categoría e 30º na xeral), José Antonio Burgos (11º na súa categoría e 33º na xeral) con 38:14 e 38:26. Moncho Conde rematou a proba cun tempo de 46:17 e Pablo García o fixo en 50:41.

 

Marcos Fernández, dorsal 321 durante a carreira.

Fotografía extraída do álbum picasa do Val Miñor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *