NOVAS DO CLUB

II CROS DO XAMON, A Cañiza 2013

Os participantes do clubFotografía: Erik limiactiva En A Cañiza,  capital  do xamón da provincia de Pontevedra, celebrouse a pasada semán a segunda edición do cross do Xamón. Cun percorrido moi vistoso, os sobes e baixas eran continuos ata chegar ó cumio máis alto da proba, onde as vistas do val do rio Miño eran espectaculares. Alí  comezaba un descenso...

Carreira pedestre popular”Festas do Monte”A Guarda 2013

    Quecemento previo á carreiraFotografía: Ana Bugarín       A Guarda recuperou o sábado un percorrido clásico, para celebrar a carreira pedestre popular "Festas do Monte". O percorrido da proba foi dunha beleza  extraordinaria; transcorreu pola estrada da costa, coa beleza do atlántico e do pais veciño divisando o Forte de Ínsua do 1388, situado na desembocadura...

1ª Carreira Nocturna do Tea 2013

Esta fin de semana celebrouse a 1ª edición  da Carreira Nocturna do Tea, celebrada en Ponteareas e organizada polos nosos amigos Taninos Runners, quenes superaron con solvencia o estreo desta carreira, cunhas circunstancias meteorolóxicas un tanto adversas pola intensa calor destes días. Tivemos representación do noso club nesta carreira. A representación a levamos ó máximo expoñente, posto que subimos a...

X CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA 2013

Representacion do club na nocturna de Celanova 2013Fotografía: Ana BugarínCoa chegada do verán empezan as carreiras nocturnas, esta vez a elexida, por parte de algúns dos nosos  atletas, foi a X edición da nocturna de Celanova. A distancia a percorrer foi 7.800 mtrs polo casco urbán de Celanova, onde o ambiente foi fantástico grazas a  organización e apoio incondicional...

V Carreira Popular de Amorín

Celebrouse o pasado domingo, 16 de xuño de 2013, a V Carreira Popular de Amorín – Carreira pola Integración, a favor de UNICEF, co lema “Gotas por Níxer”. Un novo éxito organizativo da Asociación de Veciños de Amorín, unha pequena parroquia de Tomiño, coa que nos sentimos orgullosos de colaborar como Club desde a primeira edición. A presenza de atletas...

Carreira 5+5 Pontenoite 2013

Onte disputouse a Carreira 5+5 Pontenoite 2013. Trátase dunha carreira nocturna polo centro urbano de Pontevedra. Disputábanse dúas carreiras: unha carreira de 5 km e outra de 10km. Tivemos dous participantes neste evento, posto que moitxs dxs nosxs atletas van diputar hoxe a V Carreira de Amorín. Na distancia curta, os 5.000 m., Diego Pereiro estreouse como campión....

AMORÍN ESPERA CONTAR ESTA FIN DE SEMANA CON MÁIS DE 400 ATLETAS NA V CARREIRA SOLIDARIA POR NÍXER

Tomiño, 11 de xuño de 2013.- Tras o éxito conseguido na anterior edición, na que participaron máis de 400 corredores, o vindeiro domingo, 16 de xuño, terá lugar en Tomiño, a V Carreira Popular de Amorín, a prol de Unicef. A carreira, organizada pola Asociación de Veciños de Amorín, o Concello de Tomiño e o Club...