Campionato de España de Duatlon 2014

O pasado fin de semana tivo lugar na cidade asturiana de Avilés o Campionato de España de Duatlón. As probas disputáronse o sábado e o domingo. Ata alí desprazáronse tres Trileiros: Sergio Pérez, Isma Lago e Brais Misa.

O primeiro en debutar foi Sergio Pérez, que as 14:00 do sábado tomaba a saída na categoría cadete cun percorrido de 2500 metros 9,2km de sector ciclista e 1,25km de carreira final. A carreira de inicio foi moi rápida xa que estes rapaces compiten durante uns 30 minutos van ao máximo.

Sergio Pérez rematou nun moi bo 85 posto xa que tomaron a saída un total de 166 cadetes. Comentounos que se atopou bastante ben pero que na segunda transición á carreira perdeu ao redor de 20 postos que xa lle marcaron o resultado final. Sergio é moi novo e seguro que seguirá medrando.

Xa na última carreira da tarde, ás 17:30 tomaban a saída Isma Lago e Brais Misa ámbolos dous na distancia curta ou olímpica e no grupo de idade de 25-29 anos, franxa na que tamén competirán no vindeiro Campionato do Mundo en Pontevedra o día 1 de xuño.

 

Brais no máis alto do podio

Brais na primeira carreira de 10km, mantívose no grupo cabeceiro, mentras que Isma gardaba forzas segundos por detrás. Grazas a un moi bo segmento ciclista Isma logrou entrar no grupo cabeceiro onde marchaba o seu compañeiro. Todo quedou para a última carreira de 5km onde os atletas máis veloces serían os que copasen as prazas de podio.

Aquí foi onde Brais Misa impuxo un ritmo máis alto que os perseguidores e logrou impoñerse na meta na súa categoría logrando así o Campionato de España. Mentres que Isma loitaba pola cuarta posición ata os metros finais pero finalmente non a logrou manter e rematou nunha moi meritoria 5 praza.

Parabens!!! trileiros

Crónica: Brais Misa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *