IX Duatlón Concello de Guitiriz 2015

IX Duatlón Concello de Guitiriz 2015

O sábado 7 Marzo, dispotouse a segunda proba do circuito Galego de duatlón de estrada en Guitiriz ,na provincia de Lugo.

A calor do día e o vento axudaron a endurecer un pouco máis a proba nos distintos sectores. O trazado da carreira a pé era un sube e baixa por unha estrada estreita e irregular, que dificultaba a carreira entre os duatletas que tiñan que loitar por cada posición en cada metro.O sector da bicicleta foi de tres voltas a un circuito de subidas e baixas con retorno nun cono pola N-637 dirección Lugo.

Brais Misa
Brais Misa na bici e Nacho Louriño metendolle a afición o fillo.

A proba con corte arrancou as 17:10 con 76 participantes,  a representación do club estivo ao cargo de Brais Misa (7º),Ismael Lago(11º),Diego Salgueriño (38º) e Víctor Mouriño(51º).

Bos resultados para os catro vendo o nivel dos participantes que tomaron a saída na proba. Conseguindo o quinto posto por equipos de vintecatro que tomaron a saída.

Agradecer os numerosos ánimos de Asun e  Nacho Louriño e familia.

Crónica: Víctor

Fotografía: Triatlón Ferrol

 

Share this post