V DUATLÓN CROSS DE MASIDE 2015

Onte pola mañá disputouse a segunda proba do Circuito Galego, no Concello de Maside provincia de Ourense, baixo a organización do club triatlón Beariz.

No sector de Btt, os cambios realizados no circuito fixeron as delicias dos participantes, que disfrutaron dun sector de auténtico Btt.

A carreira arrancou ás 11:06  cun ritmo tremendo. O terreo axudou cun kilometro costa abaixo no medio do circuito, pero todo o que se baixa, tiveron que volver a subilo.  Dende o principio a proba masculina tivo unha intensa loita polo trunfo entre  Darío  (Team Corbelo) e Brais Misa,  que  finalmente, conseguía a victoria por  nove segundos, facendo as delicias dos afeccionados.

Brais Misa no mais alto do podium
Brais Misa no mais alto do podium

No sexto posto entrou Kike Moran, todo un seguro en regularidade, e con Víctor Saa na posición vinteseis, conseguiron quedar segundos por equipos.

Brais,Kike e Víctor Saa
Brais,Kike e Víctor Saa

Na categoría feminina, María Martinez arrancou dende o inicio a pola victoria, cun gran primer sector de carreira a pé, onde se decidiu a carreira. No sector da btt solo tivo que administrar a súa ventaxe.

María Martinez no maís alto do podium
María Martinez no maís alto do podium

O resto da expedición David Alonso, David Oliviera, Pablo García, Pablo Soto, Pablo Regueira, Iván Reguera, Moisés, David Mariño e Santi Romero, conseguiron acabar con moi boas sensacións. A cruz foi para Felipe Mariño, que o venres entrenando caiu da bici e mancou o pulso, e e polo tanto non tomou a saída. Mañá de moi bos resultados, con primeiros postos nas dúas categorías, segundo posto por equipos, e sobre todo, que ninguén levou un golpe.

Parte da  marea vermella
Parte da marea vermella

Noraboa a todxs elxs.

Crónica: Víctor Mouriño

Fotografías: Cristal e Nati   Eiquí

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *