VII DUATLÓN CROSS CONCELLO DE BEARIZ 2015

VII DUATLÓN CROSS CONCELLO DE BEARIZ 2015

Onte as 16:01 no concello de Beariz (Ourense), arrancou a tempada de duatlón Cros.

Primeira cita do calendario galego, nun escenario inmellorable e que este ano  o tempo acompañou para que se  disfrutara de unha magnifica tarde de duatlón cros.

A tradición define o duatlón cros de Beariz coma duro e con moi mal  tempo . Pois onte o tempo acompañou pero o recorrido segué sendo fiel a filosofía do club triatlón Beariz, con cortafogos que facían rir os participantes e chorar os familiares.

Cen fóron os valientes que tomaron a saída,  pero moitos tiveron que  abandonar por averías mecánicas irreparables pero uns cantos con unha voluntade de ferro terminaron o sector da bici con ela de man para poder acabar a proba, ese e o espíritu deste deporte.

Proba de moito nivel.Gran espectáculo ofrecido polos tres primeiros, Elpidio dominando o primeiro sector de carreira a pé,  Darío facendo unha remontada épica no sector da btt e baixando primeiro, pero os quince segundo de ventaxa sobre Marcos Mayo, non foron suficientes polo gran estado de forma de Marcos Mayo que consegui unha gran  victoria.  Que fixo as delicias dos espectadores.

María pasándolo pipa
María pasándolo pipa

O noso club estivo moi ben representado por María Martinez que debutaba nesta modalidade, acadando o segundo posto da xeral final, os entrenos  en Lousame ca btt estan dando resultados. Na categoría masculina magnifica actuación de kike Moran acadando a sexta posición, por detrás no posto 27º entrou Victor Alonso Saa, debutante na modalidad a continuación entraron David Alonso Alonso, David Oliveira e Santiago Romero Ons.

Víctor Alonso Saa probando a modalidade
Víctor Alonso Saa probando a modalidade
David Alonso no falso llano
David Alonso no falso llano

Pa semana maís, toca Maside.

Noraboa a todos eles por non levar un golpe e acabar este mítico duatlón cros, só pa valientes.

Gran traballo do club Beariz.

Crónica: Víctor Mouriño

Fotografías: Club triatlón Beariz

 

Share this post