III Triatlón Concello de Poio 2013

III Triatlón Concello de Poio 2013

 

Saida no sector da natación
Fotografía: Pablo Jacobo Soto

 

Onte celebrouse o III Triatlón Concello de Poio na que asistiron 310 participantes, nas distintas probas. O día foi de verán e non perdoou, chegando a ter temperaturas superiores a 38º que fixeron a carreira máis dura.

O club estivo representado por Berto Domínguez, Felipe Mariño, Pablo Regueira, Saúl Fernández, Jorge Álvarez, Diego Pereiro, Ismael Lago, Enrique Morán, Sandra Sobreira e Victor Mouriño.

Non puideron participar por lesión Pablo Soto e Miguel Ángel Gil, pero alí estiveron dando folgos.

As probas comenzaron a partires das 15:30 h., coa proba super sprint, onde participaron tres porriñeses que se están a acercar ó mundo do triatlón, pasiño a pasiño: Nelson Santos, Marta Pereiro e Samia Zahidi, esta última tentando retomar un deporte que lle deu moitas alegrías.

Ás 16:30 h. era o turno dos grupos de idade, onde participaron  Pablo Regueira (56º), Saúl Fernández (83º), Berto Dominguez (92º), Felipe Dominguez (107º), Jorge Alvarez (147º).

A continuacion deuse o turno de saída á categoría Elite feminina onde estabamos representados por Sandra Sobreira (10º), na xeral e facendo (3ª) en categoría sub-23.

Ás 18:00 h. arrancou a categoría Elite masculina onde por primeira vez na historia do club, estivemos representados por catro triatletas: Ismael Lago (21º), Diego Pereiro (32º), Enrique Moran (33º) e Victor Mouriño (44º).

Esperamos que na maior brevidade Pablo Soto e Miguel Ángel Gil afasten as lesións, para telos competindo connosco. Moito ánimo para eles.

Noraboa a todxs e a seguir disfrutando.

 

 

 

 

Share this post