NOVAS DO CLUB

Campionato Galego de Cross individual e por equipos en Riveira.

Igual que a pasada fin de semana en Santiago, hoxe voltamos a ver todo un espectáculo de Cross. Chuvia, vento, barro e moita clase!. Disputábase en Riveira o Campionato Galego de Cross Individual para as categorías senior, promesa, junior e equipos. Levábamos unha representación de tres atletas para a carreira absoluta feminina individual (senior e promesa). Raja Rizki e Sandra...

Campionato Galego de Campo a Través en Riveira

  O vindeiro domingo 27 de xaneiro terá lugar no vistoso circuito do Mirador de Couso no Concello de Riveira o Campionato Galego de Campo a Través junior, promesa e absoluto individual e por equipos, no cal se darán cita os mellores fondistas galegos que desexen acadar a casificación para o campionato de España por autonomías que se disputará...

XIII Cross Popular de Boborás

  Carla Guisande Vieito, Pablo Almeida Seoane, Yago López Sousa e Nicolás Guisande Vieito. Fotografía: Aurora Sousa A pesar do frío e da choiva, catro atletas cativos do Club Atletismo Porriño participaron este domingo no XIII Cross Popular de Boborás. Na categoría alevín masculino obtivemos 2 podio; Yago Lopez Sousa proclamouse campión da proba e Pablo Almeida Seoane...

Meia Maratona Manuela Machado 2013. Viana do Castelo

Ademáis de estar presente hoxe no Cross de Santiago, moitos atletas do noso club, desplazáronse ó país veciño para correr a Meia Maratona Manuela Machado 2013. Resultou ser unha carreira acompañada pola choiva. O primeiro clasificado do noso club, foi Marcos Fernández Carrera, facendo un tempo de 1:24:58. Marcos está a fecer unha tempada inmensa. Máis tarde apareceu na meta...

Campionato Galego Cross Cadete, Xuvenil e Cross Curta por equipos

Tal e como vos comentamos estes días, hoxe celebráronse probas do Campionato Galego de Cross no Monte do Gozo en Santiago de Compostela; disputábase o Campionato Galego Individual de Cross Cadete e Xuvenil así como o Campionato Galego de Cross Curto por Equipos. Respecto do Campionato Galego Individual, na representación cadete feminina, acudía Iria Rodríguez Huertas mentres que na categoría...

Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en A Coruña

O pasado domingo 13 de xaneiro desplazouse unha representación do Club Atletismo Porriño para participar no Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil. Laura Alonso González, como representante benxamín feminina presentábase ás probas de 50 m. e de 500 m. en pista cuberta, acreditando unhas marcas de 9,03 s. e 2min.:05,22 s. respectivamente. Yago López Sousa, o representante alevín masculino acreditaba...

II CORRENDO POR VIGO 2013

Esta carreira trae bós recordos ó noso Club, xa que na primeira edición disputada o ano pasado, Santiago López Rodríguez fixo un meritorio segundo posto. Este ano, ó mesmo tempo en que un grupo de triatletas do Club de Atletismo Porriño atopábase competindo na I Duatlón Cross de Ribadumia, outro grupo voltaba a participar na segunda edición Correndo por...

Carrera solidaria de Salceda de Caselas 2012

Fotografia: representacion clube Fotografia: DorisHoxe ás 21:00, tocaba cita obrigada por unha boa causa solidaria en Salceda de Caselas, un litro de leite, a cambio de animos, festa e un chocolate. Onde o clube non podia fallar, outro ano mais a cita, con gran participación na carreira. Un grande ambiente de festa que era do que se trataba. A xente de Salceda non deixa de sorprender pola súa imaxinación á hora de ir disfrazados, houbo para...

51º Carrera Pedestre do Pavo

Iria Rodriguez Huertas 1º cadete femenino i Diego Paz 1º promesa masculino Yago Lopez Sousa 3º alevin masculino Sandra sobreira 2 º  e Raja 3º promesa femeninaFotografias: Atlantico Diario O domingo 23,celebrouse a 51º edicion dá carreira do Pavo, en Vigo, nas imediacions dá praza Compostela. Foi unha participacions dás mais numerosas que se recordan, nunha mañan explendida, soleada e con temperatura agradable, ideal para correr.A representacion do noso clube foi ampla con 21 atletas nas distintas categorias con mangnificos tempos e resultados,agradecerlles unha vez mais, a sua implicacion co clube.Na categoria feminina fixemos 3 podiums, non deixan de darnos alegrias estas rapazas, Iria Rodriguez Huertas, 1º en cadete feminino, Sandra...