Category Archives: triatlón

Campeonato Galego de Distancia Olímpica, sen Drafting, Sanxenxo 2014

Fin de semana de madrugón para os nosos trileiros para participar no Campionato Galego de Triatlón, Distancia Olímpica,  sen Drafting, en Sanxenxo.
Sanxenxo substituíu  a Riveira na organización do campionato galego na modalidade olímpica, coa novidade de non estar permitido ir a roda no sector de ciclismo.

Desde a praia de Silgar, coñecida pola estatua da Madama, obra do artista Alfonso Vilar Lamelas, dábase a saída ás 8:00 da mañá, aos 340 participantes, que tiñan que dar dúas voltas a un circuíto de 750 mtrs. Ao saír do auga os deportistas tiveron que facer unha transición de 16 peldaños e 750 mtrs para poder coller a bicicleta no paseo marítimo.

Onde arrincaba o sector de ciclismo pola estrada que une Sanxenxo coa Lanzada onde se facia  o retorno,  nunha glorieta perigosa que provocou diversas caidas.

O circuíto era duro e esixente con continuos toboganes que o faía moi espectacular  e o  mar como espectador, onde os bos rodadores gozaron do sector.  A distancia a percorrer era de 40 km dividido en 2 voltas.

De novo no paseo marítimo de Sanxenxo, comezaba o sector de carreira a pé que constaba de 10 km, dividido en dúas voltas que levaba aos atletas ata Portonovo.

Os nosos trileiros que foron gozar sufrindo: Enrique Moran,Sergio Gonzalez, Manuel Salgueiro, Felipe Dominguez, Ramon Lago, Ivan Reguera,Gonzalo Simo,David Dominguez, Nacho Louriño e Víctor Mouriño.

 

Sanxenxo 2014

                                                     Iván e Ramón, unha imaxen vale mais que mil palabras

Agradecer a Cristal os seus animos e fotografías.

Parabens!! a seguir gozando.

 

Duatlón Escolar O Porriño 2014

DUATLON

Paralelamente á Final Provincial de Duatlón Escolar que se vai a celebrar en O Porriño o vindeiro domingo día 27 de abril ás 16:00, imos a abrir unha participación nunha proba paralela para que tódalos cativos e cativas que queiran, poidan probar esta modalidade.

INSCRICIÓNS:

Enviar o nome, apelidos, data de nacemento e DNI a: triatlon@atletismopor.com

CATEGORÍAS:

  • BENXAMIN: 2005-2004
  • ALEVÍN: 2003-2002
  • INFANTIL: 2001-2000
  • CADETE: 1999-1998

HORARIOS:

A partires das 15:00 horas, entregarase a documentación ó carón da Casa da Cultura ós pais/nais ou colexios (dorsais, plano, etc).

Saída e chegada: Rúa Domingo Bueno (a carón da Casa da Cultura)

  • Saída categoría benxamín as 16:00
  • Saída categoría alevín as 16:20
  • Saída categoría infantil as 16:50
  • Saída categoría cadete as 17:30
  • Hora de remate das probas as 18:45

 

DISTANCIAS A PERCORRER
Benxamín 500 m 2.000 m bicicleta 250 m
Alevín 1.000 m 4.000 m bicicleta 500 m
Infantil 1.500 m 6.000 m bicicleta 750 m
Cadete 2.000 m 8.000 m bicicleta 1.000 m

 

CIRCUITO:

CIRUCUITO_LOW

Campionato de España de Duatlon 2014

O pasado fin de semana tivo lugar na cidade asturiana de Avilés o Campionato de España de Duatlón. As probas disputáronse o sábado e o domingo. Ata alí desprazáronse tres Trileiros: Sergio Pérez, Isma Lago e Brais Misa.

O primeiro en debutar foi Sergio Pérez, que as 14:00 do sábado tomaba a saída na categoría cadete cun percorrido de 2500 metros 9,2km de sector ciclista e 1,25km de carreira final. A carreira de inicio foi moi rápida xa que estes rapaces compiten durante uns 30 minutos van ao máximo.

Sergio Pérez rematou nun moi bo 85 posto xa que tomaron a saída un total de 166 cadetes. Comentounos que se atopou bastante ben pero que na segunda transición á carreira perdeu ao redor de 20 postos que xa lle marcaron o resultado final. Sergio é moi novo e seguro que seguirá medrando.

Xa na última carreira da tarde, ás 17:30 tomaban a saída Isma Lago e Brais Misa ámbolos dous na distancia curta ou olímpica e no grupo de idade de 25-29 anos, franxa na que tamén competirán no vindeiro Campionato do Mundo en Pontevedra o día 1 de xuño.

 

Brais no máis alto do podio

Brais na primeira carreira de 10km, mantívose no grupo cabeceiro, mentras que Isma gardaba forzas segundos por detrás. Grazas a un moi bo segmento ciclista Isma logrou entrar no grupo cabeceiro onde marchaba o seu compañeiro. Todo quedou para a última carreira de 5km onde os atletas máis veloces serían os que copasen as prazas de podio.

Aquí foi onde Brais Misa impuxo un ritmo máis alto que os perseguidores e logrou impoñerse na meta na súa categoría logrando así o Campionato de España. Mentres que Isma loitaba pola cuarta posición ata os metros finais pero finalmente non a logrou manter e rematou nunha moi meritoria 5 praza.

Parabens!!! trileiros

Crónica: Brais Misa

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESTRADA 2014

Chegaba a cita grande do duatlón galego, e con ela chegaba o fin do circuito galego de duatlón de estrada. Se ben, constanos que quedan probas durante este ano de duatlón, pero son todas de carácter popular, fora do circuito.

Sergio,Berto,Maria,Isma e Brais antes da proba

O noso club conseguía clasificar ata 4 “Trileros” na categoría masculina e 2 “Trileras” na categoría feminina. Nesta última, non participaba Sandra Sobreira, ainda que sí o facía María Martínez. Na masculina participaron Brais Misa, Ismael Lago, Alberto Domínguez e Sergio González quen participaba gracias a unha invitación da federación, o que supoñía o seu debut na especialidade, ainda que conta cunha brillante traxectoria no atletismo en 800 e 1500 mts. Non participaba Diego Salgueiriño, que sí estaba clasificado, pero tiña compromisos persoais que lle impidiron tomar parte na proba.

Antes da proba raiña, disputábase a proba popular, na que participaba o noso “trilero” máis veteran, José Manuel Caramés, rematando a proba no posto 64º, un posto máis que meritorio para este incombustible “trilero”.

Carames no sector da bici

Ás 17:58, dous minutos antes do establecido (isto si que é puntualidade) dábase saída á categoría feminina, na que se atopaba María Martínez, amosando a boa progresión que está a ter na carreira a pé. Chegando á T1, María saía preto da cabeza de carreira nun  grupo perseguidor, ainda que a falta de rodaxe en bicicleta fíxolle perder algunha posición que tivo que recuperar na carreira a pé, rematando cuarta clasificada na proba absoluta. No campionato Galego  remataría 3ª clasificada, posto que a segunda clasificada, non era galega e non optaba á clasificación.

Ás 18:30 dábase saída á categoría masculina. Chegando á T1, Brais Misa mantiña  boas opcións de podio; un pouquiño máis atrás Isma Lago e Sergio González, marchaban nun grupo intermedio e máis atrás Alberto Domínguez loitando por non perder a comba do seu grupo.

O sector de bici, bastante duro cunha rampa de 500 metros ó 10% ata o monte do Gozo, faría estragos en moitos participantes, afectando ós que tiñan pouca rodaxe ou ben ós que a subida non é o seu forte. As nosas esperanzas de podio, perdíanse no cambio electrónico da bicicleta de Brais Misa. Unha avaría obrigouno a retirarse da proba cando marchaba en postos de cabeza. Boas actuacións de Isma Lago, Alberto Domínguez e Sergio González, na súa primeira participación.

 

Noraboa Trileiros!!!! e a seguir disfrutando do sufrimento.

Fotografías: Asun e Doris

II DUATLÓN ESCOLAR DE GONDOMAR 2014

 

Diego, Uxía e Noa 
Fotografía: Rubén Huertas

O sábado disputouse o primeiro clasifiactorio de duatlón escolar no Concello de Gondomar, proba deportiva para dar a coñecer o duatlón entre os maís cativos. Nesta modalidade combínanse a carreira a pé e a bici con variadas distancias segundo a idade dos participantes. Neste caso as idades comprenden os nados entre os anos 2005 ao 1998.

Ainda que tivemos varias ausencias de última hora por lesións e por coincidencia con outras modalidades deportivas, o noso club estivo ben representado en participación e resultados, conseguindo a clasificación para a final provincial que se vai a disputar o vindeiro 27 de abril en O Porriño.

Xesús, debutante na modalidade
Fotografía: Rubén Huertas

I DUATLÓN ESTRADA DE VEDRA 2014

 

Este Sábado 15 celebrouse na localidade de Vedra a 4ª proba do circuito Galego de duatlón e última proba clasificatoria para o Campeonato Galego da especialidade.

O Atletismo Porriño, aproveitando a sinerxia das ganas dos nosos trileros, xunto co bo tempo reinante na nosa comunidade estos días, desprazou ate 17 “Trileros” e parece que non se deu mal.

 

Marcos frances debutando na modalidade de Duatlon

 

Jose Angel Alvarez outro debutante

 

Héctor Alvarez cadete de 1º ano e 1ª proba na modalidade

 

Comenzaba o groso da nosa participación na primeira das saídas, sen tempo de corte. Bo papel dos cadetes Sergio Pérez, Héctor Alvarez e Iago Sobreira, ainda que con diferentes sortes.

Sergio acadaría a terceira plaza do caixón demostrando unha boa progresión. Héctor debutaba este ano, e acadaría a 4 plaza da categoría, amosando boa forma na carreira a pe. Iago despois de unha grande saída atoparíase con problemas físicos que lle impidiron rendir coma el nos ten acostumados.  O noso veterano, Caramés quedaría a un posto de revalidar o podio da anterior proba en Lugo.

O resto de participantes nesta proba foron, Felipe Domínguez (102) Pablo Regueira, que debutaba esta tempada (134) Debutante tamén David Domínguez (135) Caramés(139) Jose Angel Alvarez (149) Jose Salgueiriño, debutante na especialidade tamén (153) e Santiago Romero (159) . Non pudo acabar a proba por unha caída Isidro Domínguez, ainda que non tivo consecuencias graves.

Máis tarde sobre as 17:30 dábase a saída na proba de féminas, na que non teríamos ninguna participante, xa que Sandra Sobreira atopabase convocada pola selección Galega de Atletismo para disputar o Estatal de Cross en Mérida e María Martínez por motivos laboráis. A loita centrouse nas xoves triatletas do Triatlón Ferrol, que demostran un grande traballo de base tendo asegurado o relevo do seu todavía novísimo e forte equipo Elite , así o podio repartiríano Carmen Gómez Cortés (1ª) Ines Santiago (2ª) e Sara Guerrero (3ª) as tres de categoría cadete femenina que nos dá unha idea do potencial de este equipo.

Dez minutos despois faría a sua saida a proba Elite ou con tempo de corte, donde partíamos con 6 integrantes, Brais Misa, Ismael Lago, Diego Salgueiriño, Victor Fortes, Alberto Domínguez e Marcos Francés, debutante este ano.

Brais Canosa do Inforhouse, dominaría dende o primeiro momento a carreira, convertíndoa nun monologo. No grupo perseguidor loitaba Misa por facerse un posto no podio, loita que tería que aplazarse para o terceiro sector. No sector de bicicleta a alta velocidade foi a nota predominante, formándose dous grupos que rodaron a  medias de ate 38 km/h. No primeiro grupo marchaba Brais Misa, no segundo Isma, Diego e Alberto, non conseguindo meterse neste grupo Victor e Marcos.

Foi no terceiro sector, o segundo de carreira donde Brais Misa acadaría imporse ós seus compañeiros de grupo para entrar en meta como 2º clasificado a 25 seg. De Canosa. Boa carreira a pé tamén para Isma Lago e Diego Salgueiriño (24º e 27º) Alberto Domínguez clasificaba o 45º, Victor fortes o 67º e Marcos Francés o 78º. Bo papel tamén no colectivo donde 1 segundo privounos de subir ó podio por equipos, quedando cuartos.

A falta de confirmación oficial, Diego Salgueiriño e Alberto Domínguez podrían ter clasificado para a disputa do campeonato galego absoluto, xunto con Brais Misa e Ismael Lago xa clasificados anterirormente.

 

Crónica: Alberto Domínguez

Fotografías: Asun e Doris

Duatlon de Estrada de Lugo 2014

Este domingo algúns compañeiros do Atletismo Porriño desprazámonos a Lugo!. Tocou outro madrugón para ir ó duatlón de estrada.

Quedamos ben cedo para ver o amenecer xuntos, así de románticos somos..Arrancamos ás 6 da mañá, polo camiño cando paramos na gasolineira atopámonos con outros integrantes do club. Eles íanse a un trail de Vilatuxe (polo que sabemos tamén gozáronno moito).

No traxecto non había moito espírito de competición, pero ao chegar a Lugo fómonos espertando. Estaba despexado e pouco a pouco facía máis calorciño.
Ás 10:00 dábase a saída da carreira sen corte de tempo, onde nos representaban Iago Sobreira, Sergio Pérez, Iván Reguera e Caramés.

Iago Sobreira atopouse cómodo na carreira a pé, chegando 4ª á primeira transicion, mentres se lle resistía un pouco máis o sector da bici. Ao contrario de Sergio Pérez, Iván Reguera e Caramés, que onde mellor se desenvolveron foi no sector da bici.

Segundo podium consecutivo para Caramés na categoría V2M, facendo un meritorio 3º posto. Noraboa!!

Carames disfrutando do sector da bici

Fotografía: Asun


A saída feminina sería ás 11:20 e a masculina elite ás 11:30, participando Maria Martinez, Diego Salgueiriño (debutante na modalidade), Brais Misa e Ismael Lago.

Brais Misa logrou repetir un meritorio 8º posto, Isma Monroy tivo unha bici dura xa que se quedou descolgado, e tanto a Maria Martínez como a Diego Salgueirño, fíxoselles unha carreira un pouco dura; o cansazo pasou factura.

Ao finalizar, algúns de nós pasamos pola masaxe, e volta á casa. A medio camiño paramos a comer nun terreo cun regato, no cal aproveitamos para refrescar as pernas, xa que uns compañeiros, que foron a competir ao campionato galego de veteráns, enviáronnos unhas fotos de envexa bañándose na praia; nós tivémonos que conformar co regato.

Grazas a Cristal e Asun que se deron a madrugon para vir a animarnos e sacar fotos.

María e Diego na recuperación post carreira
Fotografía: Cristal
 
 
 
Crónica: Maria Martinez

Eventos internacionais 2014

 

Dentro dun mes varios trileros do Club Atletismo Porriño, debutan na modalidade de media distancia en Portugal. A primeira cita será ol 13 de abril na localidade costera de Ovar, nun formato novo de competición a puntuar en duas das catro probas do percorrido, para proclamar o primeiro Campión Iberico de Triatlon.

 

 

Unhas semanas despois, celebrase o 4 de maio o Triatlón de Lisboa, onde o club tamén estará representado.  Proba de gran repercusión a nivel europeo.

 

No noso país tamén competiremos en probas de media distancia coma a primeira edicción do Hércules Xtrm.

E por suposto, a que nos queda ó carón da casa, coa segunda edicción do Desafío Illas Cies.

 

 

E claro, a enfermidade non para de extenderse, e este ano aproveitando que se celebra o primeiro longa distancia na comunidade, enviaremos ós tres casos máis gravidade no noso club!.

 

Final de Nada e Corre de Riveira 2014

Este domingo celebrouse na provincia de A Coruña, na localidade de Ribeira (Riveira en Riveirense), o Campionato Galego do Nada e Corre 2014, no que participou como representante do club Elsa Pena Vicente, acadando o subcampionato galego na categoria de alevín cuns tempos de 100m nadando de 1.21.06 (club Codesal), e correndo 500 m. en 1.34.78 (club Termalia Tui)

Noraboa, Elsa e a seguir disfrutando do deporte!!.

 

A canteira continua con boa saúde
Fotografía: Alberto Pena

 

 

Crónica: Alberto Pena

A CRISIS NOS DEIXA SEN UN TRILEIRO VETERAN

 

O luns día 10 deste mes, o club perde un dos seus máis veteranos da sección de triatlón, Jose Luis Castro Conde váisenos traballar a Hungría.
Esperamos que sexa un ata pronto e que volte canto antes para poñernos a todos en fila no sector da bici.

 

Este ano, marchou correndo pa casa despois da cea de Nadal do club…. Non fai falla que veñas correndo de Hungría que ti es capaz!.

 

 

Un abrazo trilero

Da Famila do club