Grid 3 Columns

Voltamos!!

Logo do ben merecido descando de verán voltamos á rutina dos adestramentos o venres día 10 de setembro, como tódolos anos coincidindo co inicio do colexio,  nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas). Lembrade que de momento os adestramentos son o luns, mércores e venres a partir das 18:30. En breve haberá modificacións incorporando, se nos deixan, os adestramentos de...

Comeza a Tempada 2021!

A nova tempada de Triatlón e Atletismo comeza o 1 de xaneiro de 2021, polo que o venres, 8 de xaneiro, comezaremos os adestramentos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas). Se vos animades a vir connosco tendes as cotas e servizos aquí e a información para inscribirvos neste enlace: Como inscribirse? | Porriño (atletismopor.com)

Suspensión de Adestramentos por mor do COVID-19

Por mor da situación extraordinaria que se está producindo coa evolución do COVID-19 nas últimas horas, tócanos actuar con responsabilidade para axudar a minimizar os riscos na medida do posible, e seguindo as recomendacións das distintas administracións públicas e das Federacións Deportivas á situación de crise sanitaria na que se atopa a contorna, suspendemos tódolos adestramentos ata novo aviso. Un saúdo.