Category Archives: NOVAS DO CLUB

CAMPEONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR MONDOÑEDO 07/05/16

O día 7 de mayo disputouse en Mondoñedo o Campionato Galego de Duatlón de categorías menores.

A viaxe foi longa, pero todos os nenos do noso club que conseguiron pasar ó Campionato Provincial alí estaban cheos de ilusión e moitas ganas, ainda que o día non acompañou nada, pois choveu case todo o tempo.

Moitos dos nenos foron ata Mondoñedo pola súa conta acompañados dos seus país, outros foron no furgón do club, dende aquí queremos agradecerlle a Miro que fixera de conductor, e a Panadería Erundina por facer para todos uns bocadillos riquíííísimos.

Despois de recoñecer o circuito todos os que alí estábamos coincidíamos no mesmo…. o circuito era moi perigoso para ser unha proba para nenos. A verdade é que a Federación non estivo nada acertada elexindo o circuito nesta ocasión, xa que as curvas en pendente facianse complicadas para os nenos, ademais de non ter a señalización e seguridade que se precisa para este tipo de probas infantis.

DSC_0079

Na categoría benxamin masculina tiñamos a Telmo (12º) Xoel (20º) Nelsón (21º) Diego (24º) e Iker (30), foi unha gozada ver a este equipo de pequenos loitar con tantas ganas. Por equipos fixeron pódium, acadando o 3º posto.

Na categoría alevín feminino tiñamos a Laura Alonso que conseguiu quedar 2ª galega, Sabela María (5ª), Noa Burgos (18ª). Estas mozas veñen pisando moi forte…. Este equipazo conseguiu o 1º posto do pódium.

(Nesta categoría houbo un accidente dunha nena do Terras de Lugo, que despois de coller unha curva en pendente non frenou a tempo, e chocou cunha barandilla de ferro que por sorte non tivo consecuencias). Por este motivo non se puido celebrar a carreira da categoría cadete, pois as probas foron disputándose con 1 hora de retraso, e cando tocabanlle correr os cadetes xa empezaba a oscurecer.)

Os alevíns masculinos, fixeron unha carreira moi disputada, había moita participación por equipos nesta categoría. Nicolás Mazoy conseguiu quedar 3º galego, Diego (16º), Gonzalo (17º), Denís (20º), Carlos (22º), Jose (32º). Con estes resultados este equipo acadou o 3º lugar do pódium por equipos.

Nico Mazoy no podium
Nico Mazoy no podium

Laura Mazoy foi a única participante do noso club na categoría infantil feminino, cunha carreira de vertígo, e un sector de bici moi bo, conseguiu quedar 2ª galega. Esta rapaciña, xa esta acostumada os pódium, sobre todo en atletismo, pero quedar segunda galega en duatlón en categoría infantil fixolle moita ilusión, xa que cada vez que se sube de categoría a cousa ponse mais e mais difícil.

laura na carreira a pe
laura na carreira a pe

Na categoría infantil masculino, tiñamos a Pablo Almeida (17º), Isaias Gil (18), Daniel Philippon (31º) y Pedro Peixoto (32º), no sector da carreira a pe dominaron os nosos rapaces, e no sector da bici fixeron un gran esforzo. Acadaron o 6º lugar por equipos.

Na clasificación por equipos os nosos nenos conseguiron 3 podium,e levaron para o club 3 trofeos….

Neste club no nos importan os trofeos nin os premios, (ainda que a eles como nenos que son… fanlle moita ilusión), a este club o que mais lle importa e ver como estes rapaces crecen no deporte cuns valores moi importantes, que van mais alá da rivalidade…..

DSC_0106
Carlos Bautista no sector da bici

Aquí ensinamos que o deporte é san, divertido, que detrás de cada esforzó hai sempre unha recompensa que é a nosa propia satisfacción, e que non importa gañar ou perder, o que mais nos importa e que crezcan no deporte con valores, con humildade, aprendendo que con sacrificio, e vontade podemos conseguir as nosas propias metas.

Crónica: Eva Martínez

Fotografías: Eva Martinez

II BIERZO TRIMAN 2016

O Domingo, 5 de Xuño os trileros do clube desplazaronse as terras veciñas de Castilla-León para participar na segunda edición do Bierzo Triman, un exixente medio distancia contrastado coa fermosura dos paraxes do Bierzo.

Neste Triatlón participaron seis trileros: Quique, Marcos, Victor, Nacho, Fernando e Miguel.

O Sábado, prepararon o material e recoñeceron os circuitos e descansaron para disfrutar do Domingo.

O Domingo as 8.30 da mañan, se deu a salida no sector de natación que se trataba dun triangulo a dúas voltas que sumaban un total de 1900 metros, O lago estaba compleamente en calma, boa temperatura e a natación foi limpa e sen golpes. Tras unha longa transición subianse a bicicleta para disfrutar dun duro circuito, con constantes sube e baixas, donde habia bastante vento. Tras un tramo de enlace que os levaba de Corucero a Vilafranca do Bierzo, facianse duas voltas a un circuito con un recorrido rompe pernas, que os nosos trileros desenvolveronse a perfección.

Quique, Chechu e Gayoso, gallegos toman Vilafranca .

Un a un, iban chegando a transición da plaza mayor de Vilafranca do Bierzo, primeiro Quique, Marcos, Victor, Miguel, Fernando e Nacho para enfrentarse a media maratón, en condicións de calor importantes. O circuito era 3 voltas de sete quilometros, que se desenrolaba polas afora de Vilafranca, sendo o último kilómetro polas rúas do pobo. Un circuito solitario con un firme mixto, de terra e asfalto.

IMG-20160605-WA0013
Celebrando o bo fin de semana, que pagaba Quique. Quique, Nacho,Francés,Miguel e Víctor, falta na foto Fernando Abreu

Por fín os nosos trileros iban chegando, salientando a extraordinaria segunda praza do grandísimo Quique Morán, de seguido entraron Marcos Francés e Víctor Mouriño acadando asi o primer posto por equipos.
A continuación o resto de compañeiros, Miguel, Fernando e Nacho.

Tras unha pequena celebración e recuperación de forzas emprendemos o viaxe de volta, disfrutando do paixase e da boa compañía.

Crónica : Miguel Fernandez

Fotos: Víctor Fortes

Triatlón de Porriño 2016

Este sábado 28 de maio disputouse o IV triatlón concello de Porriño, un triatlón único xa que une as localidades de Tui con Porriño .

Parte dos trileros
Parte dos trileros

O número de participantes foi de 25 mulleres e 228 homes, ainda que si o tempo acompañara seguro que a participación sería superior. ( parece ser que para o sábado había alerta polo temporal,  é o que ten vivir no norte de España)

A organización da proba foi moi boa, aínda que ao ter que cambiar a zona de transición 2 para o polideportivo non foi tan vistosa para o público, eso si, o lado positivo de este cambio era chegar e poder poñer as zapatillas de correr sen estar molladas.

Debido a que é o triatlón da nosa casa a participación do Clube Atletismo Porriño  foi importante, participando no mesmo un total de 3 valentes trileras ( Iria, Sandra e Rocio) que o fixeron estupendamente.

Pola parte masculina tomamos a salida 24 trileros, ( Xacob, Diego Pereiro, Eu, Manu, Iago, Jorge, Cesar, Marcos Francés, Pablo Soto, Berto, Santi, Josiño, Oscar, Mckay, Michi, Pablo Regueira, Ramon, Felipe, Pablo Miguez, Miguel, Isidro, Dani, David Dguez, Victor , Salgueiriño, e Ruben .)

Iria gañou a proba con bastante facilidade ( ou eso é o que puidemos observar, desde fora parece fácil), Sandra fixo moi boa carreira, e Rocio debutou no peor escenario posible de natación, co cal si fixo este triatlon pode facer calquera. NORABOA as 3.

 

 

Fotos: Irene Sobreira

Fotografías: fotos

COPA DEL REY Y COPA DE LA REINA DE TRIATLON POR EQUIPOS 2016 Pontevedra

Este sábado 21 comenzó   la temporada de triatlon con una competición muy especial, la copa del rey. Victor, Xacob, Diego, David y Manu formaban el equipo.
Triatlon por equipos en formato contrarreloj.
Salimos a las 15.12 al agua tal como lo habiamos entrenado, llevando siempre el grupo junto y que nadie se quedase rezagado. Conseguimos pasar incluso algún equipo sin separarnos.
La bici fue muy entretenida, cuidando que nadie se descolgase. Estuvimos a punto de adelantar a algún equipo, pero desistimos porque era difícil hacer un adelantamiento limpio y seguro.
En la carrera a pie tocaba dejarlo todo y así fue, ayudándonos entre todos para que los cinco llegaremos a meta y objetivo conseguido. Para el año más.

Un triatlon diferente y satisfechos con el resultado.

Con ganas de repetir.

Víctor,Diego, Xacob,Manu y David
Representación del  club,Víctor,Diego, Xacob,Manu y David

Y el domingo tocaba  participar en la modalidad por relevos donde cada componente del equipo nadaba 250 metros, rodaba en bici 6km y corria 1.6km para darle el relevo a otro compañero y comenzar de nuevo, así hasta el tercer relevista, pero un desafortunado accidente de Víctor en el calentamiento en bici nos impidió el debut en esta modalidad. Lo más importante es que solo fue un susto.

Crónica: Manu Castro

Fotografía: María Martínez

Fotos: copa del Rey y de la Reina 2016

Campeonato Gallego de Duatlon 2016

Este domingo 10 se celebró en lugo el gallego de duatlón, en el que nuestro club estuvo representado por Brais, Isma, Quique, Toni, Victor, Sandra, Iria, Rocío y María. Por primera vez llevamos equipo femenino.
Se presento una mañana de lluvia, frío y mucho viento; un día desagradable para competir. A las 10:00 se daba la salida popular, 11:00 hora de las chicas, salida rápida en la que desde un principio Iria se coloco en primera posición, mantuvo la posición en bici y finalmente se proclamo campeona gallega de duatlón. Más atrás iban el resto de las componentes del equipo buscando puntos para el puesto por clubs, por problemas de frío (y que salio ultima de la transicion al salirse la cadena) Sandra abandono en el sector ciclista.

Foto para el recuerdo, primera vez que el club esta representado en categoría femenina en la final del gallego
Foto para el recuerdo, primera vez que el club esta representado en categoría femenina en la final del gallego

A las 12:30 era la hora de los chicos, carrera rápida en la cual la lluvia dio tregua, llegaban dos escapados a la transicion Gustavo y Luis Miguel Velazquez, por detras de ellos un pequeño grupo donde iba Brais, y cerca el resto de corredores, en bici iban los dos escapados y varios grupos pequeños, los cuales se juntaron en la transición Brais cayo , acabo 6º cerca Isma, quique, Victor y toni. Finalmente 4 por equipos.

Crónica: María Martínez

Fotografía: Manu Castro

Fotos:  campeonato Lugo duatlon 2016

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS 2016

O sábado 12 de marzo tivo lugar na Estrada o Campionato Galego Escolar de Campo a Través, no que o noso club contou con representación nas carreiras correspondentes as categorías de Cadete feminino e Infantil masculino. Estes atletas clasificáranse no Campionato Provincial de Pontevedra que tivera lugar en Baiona o 13 de febreiro.

Ambas carreiras percorreron unha distancia de aproximadamente 2.300m nun entorno natural incomparable, na extraordinaria carballeira da praia fluvial de Liñares, na Estrada. Un soleado día de inverno que invitaba a correr. Pouco tiña que ver co día frío e chuvioso do Campionato Provincial.

Ás 11:00 daban a saída da categoría Cadete femenino na que Laura Mazoy García, tras unha boísima carreira, conseguía un magnífico cuarto posto na clasificación individual, sempre na cabeza da carreira e moi preto das primeiras posicións.

0CC12175-8CD3-42AA-9F3F-39EDBF1CB680

A carreira Infantil masculina tiña lugar ás 11:50. Nesta categoría participaron seis atletas do club que fixeron a súa entrada en meta na seguinte orde: Isaías Gil Rodríguez, Nicolás Mazoy García, Alberto Álvarez Martín, Pablo Almeida Seoane, Diego Rodríguez Rodríguez e Denís Castro Martínez. Un estupendo equipo que loitou por acadar os mellores postos conseguindo sumar os puntos necesarios (10+12+13+16) para obter un formidable segundo posto por equipos.

Parabéns a todos os participantes!

Crónica: Rosa Martín

Fotografía: Rosa Martín

DUATLÓN DE VIGO 2016

Domingo 3 de abril tenía lugar el duatlón Cidade de Vigo, última de las cinco pruebas de la que consta el Circuito Gallego de duatlón de carretera. En una prueba marcada por el fuerte viento y las bajas temperaturas, el Club Atletismo Porriño consiguió volver a hacerse con un primer puesto en la clasificación masculina por equipos (clasificación que se obtiene con la suma de los tiempos marcados por los tres primeros de cada club) por delante del Tri-Penta Terras de Lugo y del Triatlón Bierzo. Los tres primeros del club que consiguieron puntuar para lograr el citado campeonato fueron Ismael Lago Monroy, Enrique Morán González y Víctor Alonso Saa.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMER

Con este primer puesto, con el primer puesto conseguido en Guitiriz y los segundos puestos conseguidos en Santiago y Arteixo, los porriñeses logran el primer puesto en el Circuito Gallego de Duatlón.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A nivel individual destacar los terceros puestos alcanzados por Ismael Lago Monroy y María Martínez González en la absoluta masculina y femenina respectivamente. Destacar al resto de trileros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 Campeonato de España de Duatlón Categoría Cadete Femenino (Cerdanyola del Vallès, 2 de abril de 2016).

Iria chegou venres pola mañá en avión, mentres que a bicicleta facía o percorrido en coche desde Galicia. Unha mañá especialmente chuviosa para o cotián neses lares. Tempo para ollar o circuito de bici, primeiro, e o de carreira a pe despois. Ambos percorridos técnicos e duros. A dúbida estaba ne elección da estratexia. Sabedora da súa superioridade na carreira a pe, a cuestión era decidir se merecía a pena reventar a carreira desde o principio, para gañar 15 ou 20 segundos, e facer todo ou parte do percorrido de bici en solitario, ou optar por imponer un forte ritmo pero indo cómoda (para ela), e tratar de aguantar a bici en grupo, para atacar no derradeiro segmento a pe.

Iría no sector da carreira a pe
Así foi. Marcou un ritmo de 3.37 nos primeiros 2,5 Km, con constantes cambios de ritmo, tirando sempre do grupo, en especial nas subidas, para facer a carreira máis dura. Chegou primeira á transición, pero cun pequeno grupo xusto detrás. Fixeron toda a bici xuntas, sen grandes problemas, incluso intentando nun par de ocasións romper o ritmo algo cansino que levaban. Pero como non puido ser, en canto deixou a bici na segunda transición xa marchou coma un foguete, e nos primeiros 200 metros xa se distanciara de forma notable do resto. Como o último treito de 1.25 Km era en subida, non necesitou moito máis, mantendo un ritmo de 3.32 e entrando en meta con 14 segundos sobre as dúas rapazas que quedarían segunda e terceira, que entraron xuntas. Gran carreira, que a debe seguir animando para mellorar, porque aínda queda moito traballo por diante.

Crónica: José Antonio Rodríguez

Fotografía: José Antonio Rodríguez

I DUATLÓN DE ARTEIXO 2016

 

IMG_20160320_112224

O pasado domingo 20 de Marzo celebrouse o I Duathlón do concello de Arteixo.
Saimos de Porriño as 7:30 AM dirección Arteixo para poder desfrutar un día máis do noso deporte. O mal tempo, que viña acompañado con choiva e moito frío, non foi un impedimento para os nosos campións, que unha vez máis cada un deles deu todo de sí para poder acadar o mellor posto na clasificación.
Comeza a proba absoluta masculina onde contabamos con: Brais Misa, Enrique Moran, Ismael Lago, Iago Sobreira, Víctor Mouriño, David Oliveira e Jose Angel Álvarez. E a continuación, saen Iria Rodríguez e Rocío Blanco.

Todos fixeron un gran traballo, a pesar do mal tempo e dos nervios previos, xa que para algúns tratábase do seu primer Duathlón, pero todos conseguiron acabar esta magnífica proba.
Dende o club dámoslle a noraboa a Rocío Blanco por rematar a proba e conseguir clasificarse entre as quince primeiras, e por suposto, non poden faltar as felicitacións de Iria Rodríguez por ser a 1ª clasificada na categoría Cadete Feminina a pesar da competencia.

Crónica : María Nieves

CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS, Veteráns – FENE 2016

 

Domingo 6 de marzo, 7:15 AM, 3º C, saímos de Porriño dirección Fene para participar no Campionato de Galicia de Campo a Través de Veteráns.
Aínda era noite e os nervios vencían ao sono, esa ansiedade pre-competitiva propia da nova situación, a participación no meu primeiro cross, que desaparecería ao empezar a correr.
A pesares da distancia, dentro do furgón do club o tempo pasou rápido, chegando ao noso destino, despois dun alto no camiño para un pequeno avituallamento (para algúns non tan pequeno), sobre as 9:45.
Tempo suficiente para inspeccionar o terreo. Herba alta e moita auga que anunciaban unha dura carreira.
O tempo seguía a pasar moi rápido. Entre cambiarse, probar os cravos, colocar o dorsal, quecer un pouco… xa houbo que acudir á cámara de chamada. E aí estabamos Mónica Pena, Irene Sobreira, Gloria Bugarín máis eu. Gloria estreábase comigo neste tipo de competición, eramos as debutantes.

IMG-20160306-WA0008
Irene,Mónica, Gloria e Rosa

Ás 11:00, deron a saída. O grupo de veterás era o primeiro que corría e a herba e a auga convertíanse a cada paso en lama que dificultaba volta a volta o percorrido. Xusto ao empezar a carreira o sol ocultouse, levantouse un vento frío acompañado dunha chuvia xeada, mesmo saraiba. Xa daba igual, estabamos molladas e cubertas de lama así que unha pouca de auga fría non cambiaba moito as cousas. A primeira volta foi de recoñecemento e aprendizaxe, as seguintes, con cada vez máis lama, de aguantar o ritmo, manter a posición e tratar de gañar algunha máis dentro das posibilidades que as forzas restantes permitían. A primeira en chegar a meta foi Irene (16ª), seguida de Mónica (25º), despois cheguei eu (42ª) e detrás Gloria (49ª). Como equipo acadamos a sexta posición.
Ás 11:35 chegaba a quenda dos veteráns masculinos onde participaban José Burgos, César Pérez, Alex Castro e Manu Castro. O terreo poñíase cada vez peor pero fixeron unha boísima carreira. O primeiro en entrar foi o noso compañeiro Burgos (13º) seguido de César (20º), Alex (37º) e Manu (46º), acadando o terceiro posto como equipo, a pesares de que Alex sufríu algunha molestia que foi quen de superar, sumando puntos para o seu equipo. Parabéns a todos!
Unha mágoa non quedar a recoller o seu merecido trofeo, xa que por erros na publicación de resultados non nos decatamos ata o día seguinte de que conseguiran esa terceira posición.
Xa eran as 12:00 cando deron a saída da última carreira na que participaba o noso compañeiro Marcos Francés, que ademais nos fixo de chofer tanto a ida como a volta. Por unha banda tivo a sorte de que o sol saíu a acompañalo nesta hora pero por outra tamén lle tocou correr co terreo en peor estado, xa moi machacado despois de tanto remexer todos e todas nós na lama. Fixo tamén unha moi boa carreira acadando a 9ª posición na súa categoría.
Todo isto aderezado e alentado por Sandra, Iria (que non puido participar por lesión), María, e a familia de Gloria (os pequenos campións) que non deixaron de animar e sacar fotos para o recordo.
Logo, algo de comer e beber para repoñer forzas e moitas risas tamén.

Un día distinto, especial.

Crónica: Rosa Martín